Inicio Últimas Noticias Vigo insta á Xunta de Galicia a achegar fondos para a ampliación...

Vigo insta á Xunta de Galicia a achegar fondos para a ampliación da Potabilizadora do Casal

O Tenente de alcalde Javier Pardo, sinalou no Pleno Ordinario do mes de marzo que “a Xunta de Galicia se negou a toda cooperación económica e incluso demorou a emisión de informes, evitando que a actuación xa estea rematada”. Tamén se aprobou instar ao ente autonómico a reverter a débeda histórica coa cidade.

Co voto contrario do Partido Popular, a maioría do Pleno acordou esta mañá urxir á Xunta a que coopere económicamente na execución das obras de modernización e ampliación da estación de tratamento de auga potable (ETAP) do Casal. O concelleiro de Fomento, Javier Pardo, lembrou que o goberno autonómico “ten unha falta de compromiso incomprensible con Vigo, tendo en conta que recada cada ano, na cidade, máis de 5 millóns de euros en concepto de canon da auga”. Co apoio do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito, o PSOE aprobou este texto.

Leer más:   O goberno local adxudica o plan para protexer máis de 900 edificios do Ensanche

Moción sobre a débeda da Xunta con Vigo

Na sesión plenaria desta mañá tamén recibiu luz verde unha moción socialista que esixe á Xunta reverter a débeda histórica coa cidade, que ascende a 2.780 millóns de euros. López Font manifestou que “se debe engadir todos aqueles investimentos que Rajoy e, principalmente, Ana Pastor paralizaron e meteron nun caixón”. A votación obtivo o apoio dos membros do Grupo Municipal Socialista, a abstención do Grupo Mixto e o concelleiro non adscrito e o voto contrario do Partido Popular.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero: “Despois deste mandato todos saben xa que os concellos somos imprescindibles"
Artículo siguienteO marco orzamentario para o trienio 2024-2026, validado no Pleno da Corporación