Inicio Últimas Noticias O alcalde visita o novo paseo “que achega Bouzas ao mar”

O alcalde visita o novo paseo “que achega Bouzas ao mar”

O Concello está executando a obra de rexeneración do paseo da fronte marítima de Bouzas que “reforza a presenza do natural e do mar, cun paseo enteiramente de madeira” e que supón un investimento de case 4 millóns de euros.

Abel Caballero visitou este venres a “extraordinaria obra de rexeneración” que se desenvolve no paseo cun orzamento de case 4 millóns de euros para transformar unha superficie de case 8.000 metros cadrados. A previsión é que estea en funcionamento para a festa da Brincadeira que se celebra no mes de maio como “unha das obra máis importantes da cidade” que permite descubrir Bouzas ao mar.

O obxectivo municipal é “reforzar a presenza do natural e enfatizar o mar e a praia que aparece nas baixamares amais da praia de toda a vida”. Tal e como explicou o alcalde, co novo paseo procúrase a forma de que o espazo preto do mar sexa zona verde, combinado con beirarrúas de granito ata o borde das edificacións, pérgolas para a hostalería e o ocio, bancos, iluminación nova, paseo enteiramente de madeira resistente ao salitre e zonas enteiramente verdes. “A parte máis notable son os 250 metros de gradas que permiten o espazo dunha praia urbana, que permiten a baixada ao mar”.

Leer más:   Urbanismo O Concello solicita unha reunión “urxentísima” para que a Xunta explique os motivos da paralización do PXOM Abel Caballero anunciou a petición dun encontro coa directora xeral da Ordenación do Territorio para coñecer as “razóns que hai detrás” da paralización do PXOM. Cualificou de moi preocupante que a primeira decisión de Alfonso Rueda, cinco días despois das eleccións, sexa obstaculizar a tramitación do Plan Xeral.

Caballero dixo estar “entusiasmado coa obra; unha forma distinta de facer Bouzas, de achegar Bouzas ao mar” cos accesos ao litoral humanizados e aumentando a superficie axardinada un 70%, gañando espazo para camiñar sobre madeira.


- Te recomendamos -
Artículo anterior¿Lloverá en Vigo en Semana Santa? Estas son las predicciones oficiales
Artículo siguienteVigo recibe 700.000 euros de fondos europeos para a humanización da rúa Romil