Inicio Últimas Noticias O goberno municipal organiza encontros didácticos entre escritores e escolares

O goberno municipal organiza encontros didácticos entre escritores e escolares

Na iniciativa participarán o vindeiro curso escritores de “primeira dimensión” cidade como Ledicia Costas, María Oruña, José Ángel Gómez “Defreds”, Antonio García Teijeiro e Francisco Castro.

O programa didáctico “Encontro con Escritores/as” poñerase en marcha o vindeiro curso, dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria e de toda a Educación Secundaria Obrigatoria, uns 6.000 estudantes, co obxectivo de que teñan a oportunidade de coñecer o proceso literario da escrita.

Tal e como sinalou o alcalde, o Concello quere que as nenas e nenos da cidade saiban “o que é escribir, que coñezan a lectura, que falen cos escritores, que vexan como ilustra a lectura. As mellores escritoras e escritores da cidade ao servizo da educación Primaria e Secundaria” da man do Concello.

Leer más:   Festas e Animación Sociocultural Luis Fonsi, “unha das principais figuras da música latina”, o 23 de xullo en Castrelos Abel Caballero deu a coñecer esta mañá a sexta confirmación dos concertos de verán de Castrelos, no que o “músico portorriqueño” exporá “os seus 25 anos de traxectoria”.

María Oruña, Antonio García Teijeiro, Ledicia Costas, Francisco Castro e José Ángel Gómez Iglesias “Defreds” realizarán 6 encontros nos centros de ensino da cidade, que servirán para incentivar e fomentar o hábito lector do alumnado, facilitar o seu discurso oral e escrito, propiciar o acceso ao coñecemento e a cultura e estimular a conciencia crítica.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero participa no acto de entrega do patrulleiro Río Luna
Artículo siguientePlanes para Semana Santa: estos son los horarios del nuevo barco que te lleva a las Islas Cíes