Inicio Últimas Noticias Vigo inicia a ampliación da Oficina Municipal de Rehabilitación de Vivenda

Vigo inicia a ampliación da Oficina Municipal de Rehabilitación de Vivenda

O goberno local decidiu ampliar a Oficina de Rehabilitación de Vivenda para poder xestionar os 6,4 millóns de fondos europeos adxudicados polo Goberno de España para mellorar a eficiencia enerxética. Está previsto actuar en 15 zonas da cidade.

Na Xerencia de Urbanismo desta mañá deuse conta da incoación da modificación do contrato de servizo de xestión da Oficina Municipal de Rehabilitación de Vivenda. O obxectivo é xestionar os 6,4 millóns de fondos europeos que o Concello recibiu do Goberno de España para o que proximamente se asinarán os correspondentes convenios.

O Concello realizou unha petición de fondos para mellorar a eficiencia enerxética en 15 zonas de Vigo: Casco vello, Bouzas, Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, San Roque e Coia, nesta zona incorpórase unha ampliación de 1.200 a 6.000 vivendas), Fenosa, Salgueira, Gorxal, Canicouva, Alcalde Lavadores e Escolas Públicas.

Leer más:   Educación Alcaldía O goberno municipal aproba a convocatoria de becas de comedor, libros e material por 1.427.700 euros A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases e a convocatoria das bolsas de comedor, libros e material escolar para o curso 2024-2025. As axudas ascenden a 1.427.700 euros, segundo explicou este venres o alcalde ao lembrar que a esta cantidade hai que sumar os 600.000 euros que recibe Foanpas.


- Te recomendamos -
Artículo anterior¿Sabes cuales serán los nuevos horarios de las farmacias gallegas?
Artículo siguienteO goberno municipal aproba un modificado da humanización da rúa Talude