Inicio Últimas Noticias Comeza o prazo para solicitar as axudas de emprego para entidades sen...

Comeza o prazo para solicitar as axudas de emprego para entidades sen ánimo de lucro

Desde hoxe e durante dez días as entidades sen ánimo de lucro de Vigo poderán solicitar axudas para contratar persoal. O Concello dedica máis dun millón de euros a unha iniciativa de fomento do emprego que permitirá ofrecer traballo a unhas 200 persoas.

O BOPP publica hoxe as bases da convocatoria de subvencións municipais para a concesión de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial ou nas comunidades de montes. Cun orzamento de 1.140.000 euros, está previsto xerar 200 postos de traballo cunhas achegas que se conceden en réxime de concorrencia competitiva. O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria arranca hoxe e prolongarase durante dez días laborais.

Leer más:   Caballero incide ante o alumnado de Calasancias na transcendencia do Concello na calidade de vida cidadá

A finalidade das axudas é reforzar a súa capacidade de auto organización e posibilitar o fortalecemento do tecido e a promoción da calidade de vida e benestar social da cidadanía. Deste xeito, ademais de fomentar o emprego, preténdese facilitar experiencia laboral a persoas desempregadas e empadroadas en Vigo, así como contribuír ao funcionamento ordinario das asociacións.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero reuniuse esta mañá co novo delegado do goberno, José Ramón Gómez Besteiro
Artículo siguienteAsí será el tiempo en los próximos días en Vigo