Categorías: Últimas Noticias

O alcalde informa de cambios no tráfico polo asfaltado de varias rúas

A rúa Pontevedra recupera hoxe xoves a normalidade circulatoria tras quedar rematada a súa rexeneración, ao igual que Joaquín Loriga onde soamente quedan pendentes os remates.

Abel Caballero advertiu este xoves en rolda de prensa dos cambios no tráfico que poden implicar as obras de asfaltado e de humanización que se están desenvolvendo na cidade.

A rúa Pontevedra retoma o tráfico normal ao quedar rematado o asfaltado, pendente de pequenas actuacións para finalizar a rexeneración, igual que acontece en Joaquín Loriga que xa está en condicións de utilización.

A próxima semana haberá restricións circulatorias en Tomás Alonso, no tramo entre Praza da Industria e Bouzas, polos traballos de asfaltado e cómpre prestar atención tamén ás rúas Nigrán, Cervantes, Cesáreo González e El Carmen. O goberno municipal traballa tamén nun plan de tráfico para Avenida do Fragoso que será rexenerada e precisa de modificacións mentres se prolonguen os traballos. O mesmo acontecerá ao longo do mes de abril en Avenida Atlántida, Porriño e Padre Seixas.

En procedemento administrativo de licitación están as seguintes rúas para acometerse a súa rexeneración: Coruña, Marqués de Valladares, Torrecedeira, Parada (Matamá), Camiño Pinal (Saiáns), Camiño Corredoura (Castrelos), Camiño Cruceiro (Castrelos), Camiño Pinguela (Valadares), Camiño Galindra (Castrelos), Penís (Cabral), Párroco Don Serafín (Teis), Cantabria (Teis), Fonte Escura (Lavadores), Camiño Sabaxáns (Lavadores), Camiño Sampaio de Abaixo (Sampaio), Rúa Parrocha (Bembrive), Camiño Bicada (Candeán), Vista do Mar (San Xoán), Camiño Pousa (Castrelos), Camiño Couto (Beade), Camiño Rioboo (Salgueira), Baixada Salgueira (Salgueira), Fuchiños (Oia), Estrada José Rivas (Coruxo), Camiño Caringosta (Alcabre), San Paio (Navia) e Camiño San Xurxo (Saiáns). Un total de 47.

Ademais, o rexedor avanzou que proximamente haberá “limitacións, cortes e cambios” no tráfico das seguintes rúas que se atopan no procedemento de inicio da licitación: Zamora, Doutor Cadaval, Doutor Carracido, Avenida Citroen, Rosalía e República Arxentina.

Pasos resaltados

O goberno municipal informa tamén das bras que se están acometendo para instalar 33 lomos de asno en diferentes vías da cidade e que implican restricións circulatorias: rúa Caeiro (Cabral), Avenida Rúa Amaro (Cabral), Cesáreo Vázquez (San Miguel de Oia), rúa do Seixo (Beade), Severino Cobas (Lavadores), Figueiras con Caeiros (Cabral), Estrada de Casás (San Andrés de Comesaña), Estrada de Casás (San Andrés de Comesaña), San Xoan (antes e despois do colexio en Lavadores), Rúa Carrasqueira (colexio), Rúa Simancas (Bouzas), Rúa Fontiñas (Cabral), Rúa Matamá Pazo (San Andrés de Comesaña), Camiño dos Pelaios (Navia), Mestres Goldar (Castrelos), Goleta (Candeán), Carballal (Cabral), Macal (Beade), Carretera Regueira , Rúa Lalín (Coia), San Amaro (Entorno Plaza España), Parachán (Lavadores), Becerreira (Cabral), Camiño Concello (Beade), Avenida Santa Mariña (Cabral), Aguia con Becacina (Calvario), Canteiros (Castrelos), Avenida Marina Española con Rúa Ríos (Teis), Camiño da Falcoa (Castrelos), Rúa Irmáns Misioneiros Pobres (Teis), Rúa Olimpia Valencia (San Miguel de Oia).

Redacción

Entradas recientes

Alumnado do colexio A Nosa Señora da Esperanza percorren a Reconquista co programa municipal "A máquina do tempo"

Escoitar O alcalde animou hoxe aos alumnos do colexio A nosa Señora da Esperanza a…

11 horas hace

Estudantado do Colexio Jesuitinas-Miralba interénsanse por a actividade municipal co programa "Coñece o teu Concello"

Escoitar Abel Caballero explicou hoxe a 25 alumnos de quinto de primaria do Colexio Jesuitinas-Miralba,…

11 horas hace

Abel Caballero recibiu á consul xeral de Francia en Bilbao

O alcalde e a cónsul xeral de Francia en Bilbao, Marianne Carré, mantiveron unha xuntanza…

11 horas hace

O domingo celébrase a "Carreira Praia de Samil FE Seguros-IV Memorial Alfonso Varela" con 1.200 corredores

O vindeiro domingo 19 de maio celébrase a “Carreira Praia de Samil FE Seguros-IV Memorial…

11 horas hace

Vigo recibe o premio á Sustentabilidade Ambiental na Sociedade

Abel Caballero desvelou a recepción do recoñecemento outorgado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de…

11 horas hace

Esta web usa cookies.