Inicio Últimas Noticias O Boppo publica as bases do Vigo Emprega 2023

O Boppo publica as bases do Vigo Emprega 2023

Abel Caballero informou da publicación das bases do Programa de Emprego Municipal, dotado con 1,5 millóns de euros, e que marca o inicio do procedemento para contratar a 75 persoas da cidade.

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica este xoves as bases do Vigo Emprega 2023 que permitirá contratar a 75 persoas, que se suman ás 75 que xa están contratadas nestes momentos. Os contratos asinados ao abeiro do programa teñen unha duración de 6 meses e a finalidade municipal é mellorar a formación e capacitación profesional e facilitar a adquisición de maiores habilidades das persoas beneficiarias do plan.

Tal e como recollen as bases, as ocupacións que se cubrirán na convocatoria deste ano son: auxiliar administrativo, técnico auxiliar de Prevención de Riscos Laborais, capataz e peóns da construción, oficial albanelería, oficial electricidade, delineante, oficial carpintería aluminio, oficial carpintería de madeira, oficial carpintería metálica, oficial condutor, peóns e oficiais de xardinería-forestal, oficial fontanería, oficial mecánico de maquinaria e oficial de pintura.

Leer más:   Cultura O goberno local abre a convocatoria para proxectos artísticos expositivos nos museos de Vigo Ata o 9 de xuño artistas emerxentes e xestores culturais consolidados poderán presentar os seus proxectos artísticos no rexistro do Concello de xeito online. Os seleccionados verán a súa obra exposta en Casa das Artes e Casa Galega da Cultura.

As persoas interesadas en formar parte do Vigo Emprega 2023 deben ser maiores de idade, estar empadroadas en Vigo, estar inscritas na oficina de emprego, que é a que deriva ás persoas candidatas logo de seleccionalas para que sexan contratadas, e ter capacidade para desempeñar as tarefas habituais da ocupación á que opte. Tampouco poden ter sido contratadas nos últimos 12 meses noutro programa de emprego do Concello.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO alcalde informa de cambios no tráfico polo asfaltado de varias rúas
Artículo siguienteO rexedor participou na presentación do Startup Congress Galicia que se celebra o 20 e 21 de abril en Vigo