Inicio Últimas Noticias A Vigo Cup ten aberto o prazo de inscrición para participar na...

A Vigo Cup ten aberto o prazo de inscrición para participar na súa 22 edición

Ata o 2 de xuño estará aberto o período para inscribirse de xeito gratuíto no torneo internacional de fútbol base de Vigo que comeza o calendario de competicións o vindeiro 19 de xuño.

A Vigo Cup 2023 desenvolverá a súa vixésimo segunda edición co formato habitual, isto é, con competicións de fútbol sala, fútbol 7 e fútbol 11. A previsión municipal, tal e como sinalou o rexedor, é que durante as dúas semanas de competición, se reúnan na cidade máis de douscentos equipos e máis de 4.000 participantes de Vigo e da área de influencia: Redondela, Ponteareas, Porriño, Val Miñor e Baixo Miño.

O torneo de fútbol sala desenvolverase desde o 19 ata o 25 de xuño e o de fútbol 7 e 11, do 26 de xuño ao 2 de xullo. As finais de fútbol 7 e 11 xogaranse en Balaídos e os campos de fútbol municipais estarán dispoñibles acoller os encontros destas dúas modalidades. Ao tempo, o fútbol sala abre a competición e as finais xogaranse en As Travesas e Navia. Ademais, os equipos enfrontaranse en Coia e O Berbés.

Leer más:   Vigo, pendente informe de Patrimonio da Xunta para comezar a remodelación da Avenida de Madrid


- Te recomendamos -
Artículo anteriorRematadas as obras da Praza do Bicentenario
Artículo siguienteFestas e Animación Sociocultural Andrés Calamaro trae os seus grandes éxitos a Castrelos o 8 de xullo O goberno municipal inicia a tramitación do expediente de contratación do concerto que o artista arxentino ofrecerá este verán dentro do programa de festas da cidade.