Inicio Últimas Noticias O Concello celebra o Día do Libro cunha lectura pública na Casa...

O Concello celebra o Día do Libro cunha lectura pública na Casa Galega da Cultura

Abel Caballero avanzou en rolda de prensa este luns que a conmemoración desta efeméride será o 20 de abril coa lectura de textos de Fernández del Riego, Octavio Paz ou Martín Códax.

A Casa Galega da Cultura acollerá este próximo xoves, 20 de abril, ás 12 horas da mañá, un acto público de lectura de diferentes textos para celebrar o Día Internacional do Libro.

O 23 de abril poderán escoitarse na cidade fragmentos lidos de obras de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas; Martín Codax, homenaxeado en 2023 no Día das Artes Galegas; Octavio Paz, premio Cervantes; Fernando Pessoa, unha das figuras literarias máis importantes do século XX e un dos grandes poetas da lingua portuguesa; Rafael Cadenas, premio Cervantes 2022 e Antonio García Teijeiro, escritor e crítico de literatura infantil.

Leer más:   Luis Fonsi, “unha das principais figuras da música latina”, o 23 de xullo en Castrelos


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO programa Camiño a Camiño oferta 600 prazas para ir as Illas Cíes
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 18 de abril de 2023