Inicio Últimas Noticias O alcalde convida á cidade a asistir á VI Gala Solidaria Bicos...

O alcalde convida á cidade a asistir á VI Gala Solidaria Bicos de Papel

A entidade sen ánimo de lucro organiza este domingo, 23 de abril, no Auditorio Mar de Vigo, unha xornada de música e entretemento co obxectivo de recadar fondos para as nenas e nenos que padecen cancro. As entradas solidarias poden adquirirse na web www.migranodearena.com.

O alcalde participou este martes na presentación da VI Gala Solidaria Bicos de Papel que se desenvolverá este domingo, 23 de abril entre as 17 e as 20 horas, no Auditorio Mar de Vigo, xunto a Milagros Martínez, presidenta da entidade e Natalia Dieste, directora.

Abel Caballero felicitouna polo “traballo excepcional, único que facedes. Sodes un exemplo na forma de actuar. Vós dádeslle marca de carácter a Vigo” polo labor de apoio que desenvolve Bicos de Papel coas nenas e nenos que padecen cancro e coas súas familias. “Dígolle á cidade que esteamos alí, ás 5 da tarde no Auditorio Mar de Vigo”, apuntou o rexedor convidando á cidadanía viguesa a sumarse a este evento solidario.

Leer más:   A Corporación insta á Xunta a financiar voos no Aeroporto de Vigo

Natalia Dieste, directora de Bicos de Papel, agradeceu o apoio do Concello e emprazou a todo o mundo á gala solidaria: “queremos que todo o mundo goce do evento” previsto para as cinco da tarde pero desde as catro horas haberá actividades no hall con pintacaras, chapas e xogos diversos.

Con Óscar Martínez como mestre de cerimonias e coas nenas e nenos da asociación nas tarefas de presentación, a gala contará coas actuacións de Ollo Piollo, a actriz Carmen Ruiz, o Mago Rey Midas, a música de Visions of Johana e o teatro de Jamming.

As entradas para asistir á gala poden adquirirse en www.migranodearena.org e a recadación de fondos será destinada ao programa de apoio sociopedagógico de Bicos de Papel.

Leer más:   Alcaldía O Ministerio de Transportes avala todos os proxectos importantes da cidade Abel Caballero mantivo unha reunión esta mañá co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, na que, segundo explicou “obtivemos o apoio e o visto e prace a todos os proxectos que lle expuxen para Vigo, absolutamente a todos”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAna Mena estará en Castrelos o 15 de agosto dentro da súa xira “Bellodrama Tour”
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 19 de abril de 2023