Inicio Últimas Noticias Aberto o prazo de inscrición para as visitas guiadas aos xardíns do...

Aberto o prazo de inscrición para as visitas guiadas aos xardíns do Pazo de Castrelos

O Concello abre o prazo de inscrición para esta actividade con motivo do Día Europeo dos Xardíns Históricos. As persoas interesadas poden reservar a súa praza no 010 e o 986 810 260.

Vigo conmemora o Día Europeo dos Xardíns Históricos coa visita guiada aos xardíns do Pazo de Castrelos o 26 de abril. As persoas interesadas poden facer a reserva da súa praza no 010 ou no 986 810 260.

Haberá catro quendas nos que participarán un máximo de 25 visitantes en cada unha delas. A primeira será ás 11:30, outra ás 12:30 e pola tarde ás 17 e 18 horas. A duración de cada visita é de entre 30 e 45 minutos.

Leer más:   Alcaldía O Concello colabora coa integración en Vigo de doce refuxiados gazatíes O Concello colabora na integración dos doce cidadáns de Gaza que se refuxian en Vigo tras fuxir da guerra. Así o explicou o alcalde durante a reunión desenvolvida hoxe cos delegados territoriais en Galicia e en Vigo de ACCEM, Daniel Bóveda, e Ariadna Navarro.

Una persoa experta será a encargada de realizar o itinerario para coñecer diferentes espazos como os xardíns de entrada, o xardín regular francés, o xardín paisaxista inglés, bosquete de eucaliptos ou a carreira da rosaleda, tamén as principais especies e elementos botánicos singulares así como os xardíns como elementos importantes para a conservación da biodiversidade.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO alcalde participa nunha xornada para conectar empresas viguesas con Polonia
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 20 de abril de 2023