Inicio Últimas Noticias O Concello asina o contrato que permitirá reabrir Vigosónico a partir de...

O Concello asina o contrato que permitirá reabrir Vigosónico a partir de mañá

Co obxectivo de seguir a fomentar a creatividade e as habilidades artísticas entre a mocidade viguesa, Vigosónico volverá abrir as súas portas a partir de mañá, unha vez asinado o contrato coa empresa adxudicataria. Esta instalación municipal permanecerá aberta de martes a domingo, entre as 16,30 e as 21,00 h.

O alcalde deu conta de que o venres pasado asinouse o contrato que permitirá a reapertura do Centro de Usos Múltiples Vigosónico, un espazo dedicado a fomentar a creatividade e o desenvolvemento de habilidades artísticas entre a mocidade de Vigo. Mañá martes abrirá de novo as súas portas esta instalación municipal con obradoiros e cursos que abordarán temas desde a introdución dos dereitos de autor e propiedade intelectual, ata a organización de festivais, produción de música en casa e iniciación ao DJ.

Leer más:   Vigo en alerta por una partida de pollo con salmonella que podrías tener en casa

Ademais, organizaranse sesións de mentorización para que a mocidade poidan afondar no aprendido e aplicalo aos seus proxector artísticos. Todas as actividades serán anunciadas na páxina web xuventudedevigo.org e o horario de apertura é de 16,30 a 21,00h.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorBouzas recibirá dous millóns de euros dos fondos europeos de Turismo
Artículo siguienteTurismo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Bouzas recibirá dous millóns de euros dos fondos europeos de Turismo A Xunta de Goberno aprobou a reprogramación económica polo importe concedido para a revitalización do casco histórico de Bouzas e o seu litoral. O goberno local tamén aprobou as bases das axudas de Turismo para entidades deportivas, a limpeza dos colexios e os puntos lila de prevención de acoso e violencia sexual.