Inicio Últimas Noticias As 4.000 prazas dos campamentos municipais de verán poden solicitarse ata o...

As 4.000 prazas dos campamentos municipais de verán poden solicitarse ata o 31 de maio

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica este venres a apertura do prazo de inscrición no programa “Verán Xove 2023” desde mañá sábado, 20 de maio, e ata o 31 de maio. Poderá facerse a través da web www.campamentos.xuventudevigo.org

O alcalde informou este venres da apertura do prazo de solicitude dos campamentos infantís de verán que organiza o Concello para a mocidade de entre 4 e 17 anos. A oferta deste ano acada as 4.000 prazas en diferentes espazos da cidade co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das familias de Vigo. O orzamento supera o medio millón de euros.

O prazo de inscrición abre este sábado, 20 de maio, e poderá realizarse a solicitude ata o vindeiro 31 de maio na web www.campamentos.xuventudevigo.org. A asignación de prazas, tal e como recollen as bases da convocatoria, realizarase por sorteo.

Leer más:   Educación Alcaldía O Concello irá á máxima velocidade para pagar o 5,8 millóns das axudas escolares O alcalde comprométese a axilizar o trámite administrativo para aboar as becas de 205 euros a 28.500 escolares de Vigo, incluídos os que estudan fóra

Abel Caballero numerou os distintos emprazamentos e o número de prazas dos campamentos infantís deste verán: Alcabre (250), Berbés (250), Náutico en Bouzas (325), Coia (325), Doutor Fleming (250), Náutico na ETEA (400), Casa da Xuventude (100), Ludo Coia (100), Lavadores (250), Navia (325), Samil (250), Urbano de Travesas (500), Vigosónico (325), VigoZoo (250) e o Albergue en VigoZoo (100).

Biblioteca Mar de Vigo

O Concello amplía o horario da biblioteca do Auditorio Mar de Vigo con motivo da temporada de exames. Desde este venres 19 de maio ata o 14 de xuño a aula con 400 prazas abrirá todos os días da semana desde as 9 da mañá ata a medianoite, tres horas máis do habitual.

Leer más:   O alcalde convida ao presidente da Deputación a fixar unha reunión nas vindeiras datas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello adxudica as ramplas que unirán Ramón Nieto co centro de saúde de Lavadores
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 20 de mayo de 2023