Inicio Últimas Noticias Vigo acolle a I Andaina do Maúxo contra o cancro o vindeiro...

Vigo acolle a I Andaina do Maúxo contra o cancro o vindeiro 11 de xuño

A Asociación Española contra o Cancro de Vigo organiza, en colaboración co Concello e a Deputación, unha ruta circular de 8 quilómetros polo Monte de Coruxo co obxectivo de recadar fondos para a investigación oncolóxica e difundir o seu labor.

A concelleira de Medio Ambiente e Vida saudable, Nuria Rodríguez participou este luns na presentación da I Andaina do Maúxo contra o cancro que se desenvolverá o domingo, 11 de xuño, no Monte de Coruxo a animou á cidadanía viguesa a sumarse a esta iniciativa solidaria.

Martín Lázaro, presidente da Asociación Española contra o cancro de Vigo explicou que a andaina nace con tres obxectivos: fomentar a vida saudable na cidade, difundir o labor da Asociación a través dos programas e servizos gratuítos e recadar fondos dirixidos á Investigación Oncolóxica coa que se persegue acadar en 2030 un 70% de supervivencia en cancro. Trátase dunha ruta circular de 8 quilómetros chea de fontes e miradoiros á ría e ás Illas Cíes, apta para todo o mundo e cun carácter lúdico, familiar e deportivo. As inscricións para adultos serán de 10 euros e para nenas e nenos de 5 euros.

Leer más:   Vías e Obras O goberno municipal humanizará a rúa República Arxentina A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de pavimentación que permitirá conservar e mellorar as características funcionais da vía.

Na presentación participaron tamén Santos Héctor, deputado provincial, que manifestou o seu desexo de que a andaina sexa permanente e animou á participación nela; Uxío González, presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo e Enrique Figueroa, xerente de Mourente Motor, en representación dos patrocinadores do evento.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorOferta de trabajo: se necesitan 200 voluntarios para el Banco de Alimentos de Vigo
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 23 de mayo de 2023