Inicio Últimas Noticias Caballero sinala o éxito da Boot Camp Race como exemplo das novas...

Caballero sinala o éxito da Boot Camp Race como exemplo das novas demandas de deporte extremo

O Desafío Boot Camp Race vaise celebrar o domingo 1 de outubro en Samil (10:00 horas) cunha participación de 1.200 competidores, a mellor cifra trala pandemia, segundo a inscrición oficial, aínda que xa dende o sábado haberá diversas actividades previas.

O evento, que patrocina o Concello de Vigo un ano máis, foi presentado polo alcalde, Abel Caballero, que incidiu en que a proba “vai collendo cada vez máis corpo; naceu como un evento de deporte extremo para xente especial e agora é masivo”.

Porque entre as modalidades (Elite, que se xogan puntos para o Circuíto Galego; Popular e Kids), a popular superou o milleiro de inscricións (1.069). Os competidores deberán percorrer un circuíto de 6-7 quilómetros no que terán que superar uns trinta ou trinta e cinco obstáculos de diverso tipo nun tempo límite.

Leer más:   Educación Alcaldía O alcalde anuncia a cobranza "inmediata" das bolsas de comedor Abel Caballero anunciou este luns que o Concello está a contar coas direccións dos colexios da cidade para entregarlles as listas dos estudantes adxudicatarios das bolsas de comedor de cada centro. “Estamos xa co final da tramitación das bolsas de comedor”, afirmou o alcalde ao lembrar que o goberno local destina máis de 2.000.00 de euros a unhas axudas que reciben máis de 3.000 escolares.

O rexedor felicitou a David Suárez, o responsable de Diesemm -a organización que deseña o evento-, por contar co apoio de Gadis, unha empresa “que está sempre coa cidade”, dixo. Pablo Louro, en representación da firma, lembrou que “un 40% das colaboracións” de Gadis son co deporte.

Caballero animou á cidadanía a achegarse a Samil para seguir en directo a competición. “pola dureza que ten” e porque é “un espectáculo”. Ás 10:00 horas sairán os Elite e despois (10:45), en grupos, os e as deportistas da proba popular, para rematar cos nenos e nenas (ás 13:30 os de 4 a 7 anos e ás 13:50 os de 8 a 12).

Suárez celebrou a sensibilidade municipal coa carreira (co alcalde estiveron na presentación a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, a de Turismo, María Lago, e o de Deportes, Manel Fernández) e manifestou a súa ledicia polos datos da mesma: “un 42% da participación é de mulleres”) mentres que de fóra da provincia é “o 40% da inscrición”.

Leer más:   Caballero urxe cambios no traspaso de competencias e financiación das comunidades aos concellos

Caballero avanzou que hai uns días un grupo de rapaces e rapazas pediulle unha área de parkour e de calistenia (exercicios físicos baseados no propio corpo) na Vía Verde e o rexedor estudará a localización de dúas zonas. Cada vez temos máis solicitantes de espazos para deportes novos, extremos ou de forza”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello de Vigo dedica 550.000 euros a subvencionar a activide do tecido asociativo da cidade
Artículo siguienteAlcaldía O alcalde convida ao presidente da Deputación a fixar unha reunión nas vindeiras datas O alcalde explicou que “a través dos medios de comunicación coñecemos a intención da Deputación de Pontevedra de manter con Vigo o mesmo tratamento que nas últimas dúas lexislaturas”. Caballero a través dunha carta remitiulle a intención de manter un encontro institucional.