Inicio Últimas Noticias O Concello inviste 3,6 millóns de euros na rehabilitación do Paseo de...

O Concello inviste 3,6 millóns de euros na rehabilitación do Paseo de Bouzas

Abel Caballero e os concelleiros de Urbanismo, Contratación e de Fomento, María Xosé Caride, Patricia Rodríguez e Javier Pardo, percorreron este martes o último tramo do paseo de Bouzas, próximo á Igrexa, que foi remodelado polo goberno municipal e avanzou que a previsión é completalo con máis obras na zona náutica

O alcalde anunciou que o modelo de rehablitación do paseo de Bouzas aplicado na zona próxima á fachada de vivendas será trasladado a zona da área náutica. “Seguiremos facendo melloras na plataforma marítimo-terrestre”, indicou ao adiantar que “imos cambiar obras” realizadas por anteriores gobernos municipais nesta zona por entender que se trata dun “modelo superado”. Para Abel Caballero é remarcable a recuperación do areal e o cambio que dá lugar a “gozar dunha praia urbana nova”.

Leer más:   O Concello lanza a campaña: "Xoga a ser quen ti queiras. Escolle o teu xoguete non sexista e non violento"

Abel Caballero explicou que un paseo antes “complicado e difícil” de transitar foi transformado nunha zona amable, onde se combina o deporte, o lecer, así como o goce da natureza. Coa remodelación foron eliminadas todas as barreiras arquitectónicas e ampliáronse nun 63 por cento as zonas axardinadas. Ademais, instalouse mobiliario urbano de última xeración, con códigos QR que ao activalos permiten o acceso a distintas informacións sobre Bouzas. Entre as melloras figura a bancada de 250 metros que dá acceso á praia, instaláronse bancos con cargadores para móbiles, así como con tumbonas, fontes, aparcabicis e dispensadores de bolsas para mascotas, entre outros servizos.

Caballero sinalou que se retirarán as pedras da parte posterior da praia para seguir mellorando a contorna natural.

Leer más:   Educación Alcaldía O Concello comunica aos colexios as listas dos 3.963 estudantes beneficiarios das bolsas de comedor Abel Caballero anunciou este xoves que o Concello comunicou aos colexios o nome dos beneficiarios das bolsas de comedor. Apuntou que se concederon un total de 3.963 axudas, 403 máis que o curso pasado. A administración municipal dedica, neste curso, 2.500.00 euros a sufragar os gastos de comedor dos estudantes de Vigo.

Na visita realizada este martes participou tamén o xefe da demarcación de Costas da provincia de Pontevedra, Miguel García García.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPrincipales directivos globales para el éxito empresarial en España, según estudio del Instituto Coordenadas
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 27 de septiembre de 2023