Inicio Últimas Noticias Unha sentenza avala a legalidade das obras de soterramento do tráfico en...

Unha sentenza avala a legalidade das obras de soterramento do tráfico en Porta do Sol

Abel Caballero afirma que o fallo xudicial que rexeita o recurso presentado contra o túnel pola Asociación Viguesa pola Defensa do Patrimonio Histórico, unha comunidade de propietarios e un propietario dun comercio, “é moi claro” fixando a legalidade da construción e ditaminando que se adoptaron todas as prevencións necesarias

A xustiza vén de dar a razón ao Concello de Vigo sobre a legalidade das obras de soterramento do tráfico coa construción do túnel da Porta do Sol. O Tribunal Contencioso Administrativo número 1 ditou unha sentenza que desestima o recurso presentado contra o proxecto de enterramento do tráfico presentado conxuntamente pola Asociación Viguesa Pola Defensa do Patrimonio Histórico, unha comunidade de propietarios e polo propietario dun negocio.

Leer más:   O Concello lanza a campaña: "Xoga a ser quen ti queiras. Escolle o teu xoguete non sexista e non violento"

El alcalde incidiu en que a sentenza “é moi clara”, ao afirmar que a obra conta con numerosos informes técnicos, con acta de replanteo, así como con todas as actuacións de comprobación pertinentes “que demostran a viabilidade do proxecto”.

Caballero engadiu, que o tribunal fixa no fallo ao recurso que entende que se adoptaron todas as prevencións necesarias previas á construción do túnel dirixidas a minimizar os riscos e que a administración autonómica, competente nos temas de patrimonio cultural, interveu no momento legalmente preceptivo e noutros casos non resultaban pertinentes, como no Camiño Portugués do Camiño de Santiago.

O rexedor detalla que o fallo xudicial recolle que as obras non afectan a Oliveira centenaria porque as obras atópase a unha “considerable” distancia.

Leer más:   O XII Concurso de corda “Cidade de Vigo” reúne a máis de 60 músicos de España e Portugal

O alcalde remarcou que o fallo xudicial “rexeita” o novo intento de parar as obras da Porta do Sol ditado por parte de persoas que antepoñen “intereses particulares e privados” fronte aos xenerais dos vigueses.

Caballero lembrou que os particulares que recurriron a obra alegaron ante o Tribunal Contencioso Administrativo que o proxecto de soterramento non reflectía a realidade das edificacións próximas; así como o seu dereito á inviolabilidade e á integridade física por existir regas nas casas colidantes á intervención. Tamén alegaron que o Concello de Vigo carecía de autorizacións sectoriais, especialmente de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, xa que alegaban que se afectaba tanto ao Camiño Portugués como á Oliveira centenaria.

Leer más:   Alcaldía Caballero urxe cambios no traspaso de competencias e financiación das comunidades aos concellos Abel Caballero apelou este martes á necesidade de acometer a segunda quenda da descentralización de competencias do Estado para corrixir a “anomalía democrática” que representa para os concellos ocupar un maior espazo social, ofrecer máis servizos e apoios á cidadanía, mentres se ven progresivamente “máis constrinxidos” polas comunidades autónomas. A reclamación de “articular mecanismos que modifiquen” a situación actual pola que as comunidades autónomas aproban leis “abusivas” contra os concellos cedéndolles competencias sen os correspondentes recursos económicos, “incumprindo a Constitución”, foi exposta polo alcalde de Vigo durante a celebración no MARCO do acto central de Galicia en conmemoración do Día da Constitución.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorInnovador robot quirúrgico español con ‘tracking system’ mecánico para cirugías de columna se presenta
Artículo siguienteInfraestructuras Unha sentenza avala a legalidade das obras de soterramento do tráfico en Porta do Sol Abel Caballero afirma que o fallo xudicial que rexeita o recurso presentado contra o túnel pola Asociación Viguesa pola Defensa do Patrimonio Histórico, unha comunidade de propietarios e un propietario dun comercio, "é moi claro" fixando a legalidade da construción e ditaminando que se adoptaron todas as prevencións necesarias