Inicio Últimas Noticias O alcalde asiste á posta en marcha da nova escaleira mecánica da...

O alcalde asiste á posta en marcha da nova escaleira mecánica da rúa Talude

Abel Caballero, Carmela Silva, Javier Pardo e María Xosé Caride asistiron este xoves á posta en funcionamento da escaleira mecánica da rúa Talude enmarcado no programa Vigo Vertical. A nova actuación, no barrio do Calvario, supón un investimento de 856.178 euros.

O alcalde remarcou que a intervención do Concello na rúa Talude propiciou a transformación total da zona ao pasar de ser unha vía estreita, escura e empinada, “cunhas escaleiras imposibles de subir porque eran empinadísimas”, a unha “forma mecánica de subir con comodidade” e a contar con todo o ámbito “completamente humanizado”. Abel Caballero destacou que a nova infraestrutura non xera emisións de gases de efecto invernadoiro: “Gases cero”, incidiu.

Leer más:   O gobierno licita a redacción do proxecto de prolongación do túnel de Elduayen

O rexedor sinalou que o Concello incluíu na obra a reforma dun muro que dá seguridade ao tránsito de miles de persoas e alumnado do Colexio Mariano que cada día utilizan as escaleiras. “Este roteiro poderán facelo desde hoxe nunha escaleira mecánica ben acondicionada e cunha rúa marabillosa porque está con debuxos e pinturas, ademais de cadeiras para sentarse”. Tamén sinalou que se mellorou a seguridade dos peóns con novos itinerarios contiguos, e que os usuarios contan con novo mobiliario urbano e zonas axardinadas.

O alcalde anunciou que de forma “inmediata” o Concello abordará a humanización da rúa San Roque e de Couto de San Honorato. “Por tanto, o conxunto da zona quedará humanizada e seguiremos modernizando a cidade”.

Leer más:   O Concello compromete o seu apoio na defensa dos dereitos das persoas con VIH

A nova escaleira mecánica incorpora unha pérgola metálica acristalada con iluminación funcional e decorativa. A súa posta en funcionamento soluciona os problemas de mobilidade nunha zona conta cun desnivel de 8 metros e unha pendente do 30 por cento. Ademais, simplifica a conexión entre as rúas Urzáiz e o barrio de San Roque.

Caballero detallou que a actuación, que contou cun investimento de 856.178 euros, dos que 283.00 foron destinados a reconstruír o muro do colexio, serviron non só para construír a escaleira mecánica, senón para renovar a fixa con pedra do país. O rexedor apuntou que as obras conlevaron a instalación dunha nova rede de rega, así como de saneamento e pluviais, de iluminación led e a renovación e mallado da rede de abastecemento de auga.

Leer más:   O Concello investirá 394.000 euros na remodelación do Parque Camilo José Cela

O alcalde detallou que na parte alta, se humanizou a rúa Talude cunha plataforma única de formigón coloreado, permitindo crear unha rúa de oito metros de ancho pola cesión de 72 metros cadrados por parte do Colexio Mariano.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAmazon y la Fundación Ortega-Marañón inauguran la primera biblioteca de autopublicación en España
Artículo siguienteO domingo 8 de outubro comeza o “Camiño a Camiño” de outono