Inicio Últimas Noticias O domingo 8 de outubro comeza o “Camiño a Camiño” de outono

O domingo 8 de outubro comeza o “Camiño a Camiño” de outono

A edición de outono do programa medioambiental Camiño a Camiño comezará o próximo 8 de outubro con oito rutas por espazos naturais do termo municipal e co fin de impulsar o ocio saudable na cidade.

A edición de outono do programa medioambiental Camiño a Camiño comezará o próximo 8 de outubro con oito rutas por espazos naturais e co fin de impulsar o ocio saudable na cidade. Así o expresou a concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, no transcurso da presentación do programa, na que participou tamén a tenente de alcalde, Elena Espinosa e o director xeral de Vegalsa, Joaquín González.

A compañía galega de distribución alimentaria renova deste xeito a colaboración co Concello cunha achega de 23.000 euros ao programa no que participaron durante once anos máis de 13.700 persoas.

Leer más:   O Concello investirá 394.000 euros na remodelación do Parque Camilo José Cela

A primeira das oito rutas desenvólvese o 8 de outubro no Salnés. Os seguintes percorridos serán o 15 de outubro no Ribeiro, 22 de outubro no Condado, 29 de outubro entre o Monte Galiñeiro e o Monte Aloia, 5 de novembro no Rosal, 12 de novembro en Lourizán, 19 de novembro no Río Eifonso e o 26 de novembro no parque de Castrelos e no río Lagares.

Na colaboración inclúense actividades de horta urbanas de Cabral, Lavadores, Ramón Nieto, Teis, Navia e Camelias. O programa complétase coas accións de voluntariado medioambiental no Monte da Guía, acompañamento de cans e de sendeiros.

Máis información

Toda a información relativa ao programa e aos detalles do mesmo atópase na web municipal e no blog: www.caminoacaminovigo.com. O proceso de inscrición realizase a través do 010 (986810260 se se chama dende móbil).

Leer más:   O XII Concurso de corda “Cidade de Vigo” reúne a máis de 60 músicos de España e Portugal


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO alcalde asiste á posta en marcha da nova escaleira mecánica da rúa Talude
Artículo siguienteAlcaldía Vigo Vertical O alcalde asiste á posta en marcha da nova escaleira mecánica da rúa Talude Abel Caballero, Carmela Silva, Javier Pardo e María Xosé Caride asistiron este xoves á posta en funcionamento da escaleira mecánica da rúa Talude enmarcado no programa Vigo Vertical. A nova actuación, no barrio do Calvario, supón un investimento de 856.178 euros.