Inicio Últimas Noticias O goberno municipal amplía as actividades do programa “Vigo, cidade amiga dos...

O goberno municipal amplía as actividades do programa “Vigo, cidade amiga dos maiores”

O alcalde avanzou este venres que a vindeira semana comezan as actividades de outono en tódalas asociacións e entidades da cidade que traballan con persoas maiores. A inscrición abre o 1 de outubro

As actividades, enmarcadas no programa “Vigo, cidade amiga dos maiores” son totalmente gratuítas para persoas maiores de 65 anos que estean empadroadas en Vigo.

A principal novidade da programación é o incremento da oferta de cursos, obradoiros de lecer e actividade física. Tal e como expuxo o rexedor, haberá actividades de axilidade mental, saúde e diversión, humor positivo e mente en forma, Canta con nós, Vive bailando, Pilates, Talleres de taichi, teatro, mindfulness e de debuxo. Ademais, organizaranse saídas puntuais: Marcha nórdica, Cursos de primeiros auxilios e de competencias dixitais, Cestería e visitas baixo demanda a enclaves de interese cultural e natural, así como ao Nadal de Vigo e ao cinema.

Leer más:   Educación Alcaldía O alcalde anuncia a cobranza "inmediata" das bolsas de comedor Abel Caballero anunciou este luns que o Concello está a contar coas direccións dos colexios da cidade para entregarlles as listas dos estudantes adxudicatarios das bolsas de comedor de cada centro. “Estamos xa co final da tramitación das bolsas de comedor”, afirmou o alcalde ao lembrar que o goberno local destina máis de 2.000.00 de euros a unhas axudas que reciben máis de 3.000 escolares.

As persoas maiores interesadas en participar nas actividades poderán inscribirse a partir do 1 de outubro ou no 010 ou en calquera asociación veciñal da cidade, sen necesidade de seren socios.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello aproba o “X Programa de Murais” cun orzamento de 480.000 euros
Artículo siguienteO alcalde transmite transmite o recoñecemento dos vigueses ao traballo da Policía Nacional