Inicio Últimas Noticias Vigocultura leva o espectáculo a rúa do Príncipe esta fin de semana

Vigocultura leva o espectáculo a rúa do Príncipe esta fin de semana

A programación municipal de artes escénicas organiza 26 espectáculos para tódolos públicos entre os meses de outubro e decembro con propostas de humor, maxia, teatro, danza, poesía, circo ou monicreques. Mañá venres, 6 de outubro, a rúa do Príncipe recibe a Pablo Méndez Performances coa súa proposta “Sobe aos teus soños – Rock in the air” e o sábado, día 7, será a compañía Troula con “Psychodelia” a que encha a rúa de música e cor.

A programación de Vigocultura para este trimestre inclúe os seguintes espectáculos:

– Venres 6 outubro: Pablo Méndez Performances: “Sobe aos teus soños” – espectáculo de rúa

– Sábado 7 outubro: Troula: “Psychodelia” – espectáculo de rúa

– Venres 13 outubro: Natalia Outeiro “Isolada” – clown con poesía

Leer más:   Exposición da " XXVI Maratón Fotográfica"

– Sábado 14 outubro: Migallas Teatro: “Falemos como galegas”- humor

– Domingo 15 de outubro: Festuc Teatre: “Lámpara maravillosa” – teatro, marionetas

– Venres 20 de outubro: Territorio Violeta “A que voy y lo encuentro”

– Sábado 21 outubro: A Feroz: “Frío” – teatro

– Domingo 22 outubro: L’Auténtica “Oh uh ei! tierra, aire, fuego, agua” – instalación

– Venres 27 e sábado 28 outubro: Jazmín Abuín presenta “A rir a Vigo” con monólogos de Agustín Jiménez, Álex Salaberri, Bianca Kóvacs, Arantxa Treus, Maru Candel e David Navarro

– Domingo 29 de outubro: TALÍA Teatro: “Voa, voa” – teatro familiar

– Venres 3 novembro: Chicharrón Circo Flamenco “Sin Ojana” – circo con malabares e clown, flamenco e teatro

Leer más:   Alcaldía Caballero urxe cambios no traspaso de competencias e financiación das comunidades aos concellos Abel Caballero apelou este martes á necesidade de acometer a segunda quenda da descentralización de competencias do Estado para corrixir a “anomalía democrática” que representa para os concellos ocupar un maior espazo social, ofrecer máis servizos e apoios á cidadanía, mentres se ven progresivamente “máis constrinxidos” polas comunidades autónomas. A reclamación de “articular mecanismos que modifiquen” a situación actual pola que as comunidades autónomas aproban leis “abusivas” contra os concellos cedéndolles competencias sen os correspondentes recursos económicos, “incumprindo a Constitución”, foi exposta polo alcalde de Vigo durante a celebración no MARCO do acto central de Galicia en conmemoración do Día da Constitución.

– Domingo 5 novembro: Xanela do Maxín “Coliño” – espectáculo para bebés, inmersivo, visual, musical e marionetas (de 0 a 3 anos)

– Venres 10 novembro: Óscar Cobos Compañía de Danza: “Bailador”

– Sábado 11 novembro: Ibuprofeno Teatro: “Deazpan Karaoke”

– Domingo 12 novembro: Maxia na Manga: “A Igualdade non ten truco” , con Sara Rodríguez e Carlos Tomico – maxia

– Sábado 18 novembro: Rafa Fernández “SEIS, Lorca en Galicia” – espectáculo audiovisual con música en directo e videocreación

– Domingo, 19 de novembro: * A BALDUFA: “La fábula de la ardilla” – teatro familiar

– Venres 24 novembro: Compañía Pepa Plana: “Se tú te vas” – espectáculo clown

Leer más:   O Concello lanza a campaña: "Xoga a ser quen ti queiras. Escolle o teu xoguete non sexista e non violento"

– Sábado 25 novembro: Laboratorio escénico “Blues de medianoite-Versión Estendida” – espectáculo multidisciplinar de danza, música e teatro

– Domingo, 26 novembro: Luz, micro e punto: “Años luz” – teatro de sombras

– Domingo 3 decembro: Guayominí Producciones: “CaLORCALor” -teatro contemporáneo

– Sábado 9 decembro: Producións Teatrais Excéntricas: “O auto do Castromil” – teatro comedia

– Venres 15 decembro: Cantigaéverso: Francisco Castro e Federico Welicki – espectáculo de poesía musicalizada

– Sábado 16 decembro: Vaivén Producións “Redada familiar”- teatro comedia

– Domingo 17 decembro: Teatro Paraíso: “Ventanas” – teatro


- Te recomendamos -
Artículo anteriorNova edición da Batalla Mural e das Xornadas de Arte Urbano, o 21 de outubro
Artículo siguienteVías e Obras Alcaldía O Concello mellora a rúa Tercio de Afora cun novo vial e equipamentos Abel Caballero e a concelleira María del Carmen Lago inauguraron este xoves a humanización da rúa Tercio de Afora, que conecta as rúas Urzáiz con Escultor Gregorio Espino. A obra, que contou cun investimento de 274.000 euros, proporciona aos veciños un cambio transcendente nunha área que, segundo o alcalde, atopábase “nun estado lamentable”.