Inicio Últimas Noticias O Pleno debaterá o mércores a modificación de crédito para as bolsas...

O Pleno debaterá o mércores a modificación de crédito para as bolsas de libros

Abel Caballero anunciou este luns que o Concello aprobará no pleno extraordinario do mércores 11 de outubro unha modificación de crédito para ás axudas ás familias destinado a comprar os libros de texto dos escolares. O goberno local investirá 5.842.000 euros.

O alcalde lembra que o apoio económico abarca tanto aos alumnos de Educación Primaria, Secundaria e así como os de Formación Profesional básica e aos de Educación Especial. Sinala que a partida das bolsas ascende a 5.842.000 euros. “É a nosa achega para que as familias leven mellor esta época tan complicada coa subida do prezo dos libros de texto”, apunta. O Pleno debaterá este mércores a modificación de crédito no Pleno da Corporación Municipal.

Leer más:   Caballero urxe cambios no traspaso de competencias e financiación das comunidades aos concellos

O rexedor incide nos 28.500 estudantes beneficiarios da bolsa contarán cunha achega municipal de 205 euros para afrontar o gasto de libros. Entre as novidades deste ano destaca, ademais das bolsas a estudantes de Formación Profesional e a percepción de axudas por parte dos alumnos de Vigo escolarizados fóra da cidade.

Abel Caballero destaca que o Concello de Vigo “é o único” de España que axuda ás familiar a afrontar o gasto escolar en libros de texto e que “ningunha comunidade autónoma está a facelo, mentres nós achegamos 205 euros a cada estudante”. O Concello de Vigo adxudicou en 2022 un total de 22.957 bolsas por un un importe de 5.106.980 euros.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorGonzalo Sánchez, presidente de PwC, enfoca: “Tenemos que revitalizar nuestros valores y nuestra cultura de compromiso profesional y perseverancia”
Artículo siguienteVías e Obras Alcaldía O Concello inaugurará o mércores a primeira fase das obras de mellora na Avenida Clara Campoamor Abel Caballero avanza que este mércores se inaugurará a primeira fase das obras executadas na Avenida Clara Campoamor nas que o goberno local investiu 423.182 euros. A segunda fase comenzará "de xeito inmediato".