Inicio Últimas Noticias Fin de semana de artes escénicas no Auditorio Municipal

Fin de semana de artes escénicas no Auditorio Municipal

VigoCultura programa para esta fin de semana tres producións no auditorio municipal. O venres subirá ao escenario a comedia “ A que voy yo y lo encuentro”; o sábado teatro de máscaras con música en directo “Frío” e o domingo o espectáculo infantil “ Oh uh ah ei! Terra, aire, lume , auga”

A QUE VOY YO Y LO ENCUENTRO, venres 20 de outubro, ás 20 horas no auditorio municipal na Praza do Rei; prezo 10 euros, público adulto.

Varias pezas curtas, salpicadas doutras máis breves, algunhas minúsculas, e evocadoras cancións, que parece que nos traen e nos levan, pero que en realidade pérdennos, nesta obra para dúas actrices e dous músicos.

“FRÍO”, A Feroz, sábado 21 de outubro, ás 20 horas no auditorio municipal na Praza do Rei; prezo 10 euros, público adulto.

Leer más:   Educación Alcaldía O alcalde anuncia a cobranza "inmediata" das bolsas de comedor Abel Caballero anunciou este luns que o Concello está a contar coas direccións dos colexios da cidade para entregarlles as listas dos estudantes adxudicatarios das bolsas de comedor de cada centro. “Estamos xa co final da tramitación das bolsas de comedor”, afirmou o alcalde ao lembrar que o goberno local destina máis de 2.000.00 de euros a unhas axudas que reciben máis de 3.000 escolares.

Quen sabe exactamente que vai facer cada día durante o resto da súa vida non abeira grandes temores nin demasiadas ilusións. Akaki podería xurar que o seu porvir está escrito en liñas rectas con tinta esluída, el deixase ir nos riscos seguros e firmes da súa rutina, que o protexe dos grandes males e das alegrías inesperadas. Pero a súa existencia metódica, ordenada e frugal vese alterada cando o seu abrigo, de tan gastado, xa non o pode protexer do frío. Nace aí unha necesidade inevitable en forma de abrigo novo. Traballará máis aló do esgotamento para conseguir a ansiada fin. Será capaz de logralo? Conseguirá librarse do cruel frío de San Petersburgo?

Leer más:   O Concello lanza a campaña: "Xoga a ser quen ti queiras. Escolle o teu xoguete non sexista e non violento"

“OH UH AH EI! TIERRA·AIRE·FUEGO·AGUA “ espectáculo para público infantil. Domingo 22 de outubro. Tres funcións ás 12:00, 16:00 e 18:00 h.

Viaxe lúdica polos elementos da natureza da man de dous curiosos personaxes que exploran, fan preguntas, sorpréndense e mesmo nos convidan a un final de discoteca cheo de música e luces onde poder bailar. A pantalla no medio do espazo escénico crea unha experiencia fascinante onde o público se move libremente polo espazo xerando así, por unha banda, o poder contemplar e interactuar co son e a palabra e, por outra, crear un universo cheo de sombras que chaman ao movemento. Por onde voan as bolboretas? Onde se plantan as flores? Como fai o son da choiva?” Vén mergullarte nesta MARABILLOSA VIAXE.

Leer más:   O concelleiro de Cultura entrega o premio ao filme "O Home e o can", gañador do VII Cityblue Film Festival


- Te recomendamos -
Artículo anteriorNovartis ofrece directrices para mejorar la salud de pacientes de cáncer de mama
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 21 de octubre de 2023