Inicio Últimas Noticias Os cemiterios municipais abrirán de 09,00 a 18,30 horas do 29...

Os cemiterios municipais abrirán de 09,00 a 18,30 horas do 29 de outubro ao 1 de novembro

Con motivo da festividade de Todos os Santos, o Concello fixa un horario ininterrompido desde o 29 de outubro ata o 1 de novembro.

Abel Caballero anunciou que entre os días 29 de outubro e 1 de novembro os cemiterios municipais de Vigo contarán cun horario, “especial”, desde as 09,00 h da mañá ata as 18,30 da tarde. Con motivo da festividade de Todos os Santos, todos os cemiterios abrirán de forma ininterrompida.

Celebración do Samaín no VigoZoo

Por outra banda, o alcalde tamén deu conta  da programación extraordinaria prevista en VigoZoo para o día 1 de novembro, con motivo da celebración da Festa do Samaín. Organizado especialmente para familias, aínda que tamén poderán participar todas as persoas que o desexen, a actividade, está estruturada en grupos de 25 persoas como máximo e conta con tres sesións de 90 minutos de duración. A primeira está prevista para as 12,30 da mañá e as dúas seguintes serán ás 16,00 e ás 17,30 horas da tarde.

Leer más:   O concelleiro de Cultura entrega o premio ao filme "O Home e o can", gañador do VII Cityblue Film Festival

Abel Caballero detallou que os participantes gozarán dun contacontos sobre a festa tradicional e as súas peculiaridades nas distintas zonas de Galicia. Ademais, realizarán unha visita guiada ao nocturama e ao exotarium, onde poderán contemplar especies referenciadas nesta celebración como bufos, sapos, morcegos ou arañas. O terceiro vértice das actividades é a construción dunha cabaza con pezas do xogo de Lego. A partir do día 30 o zoo de Vigo estará ambientado coas cabazas decoradas no taller convocado o domingo 29.

As reservas poden facerse a partir desde martes nas instalacións de VigoZoo ou chamando ao 986 267 783.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello mellora a seguridade peonil na rúa Clara Campoamor
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 24 de octubre de 2023