Inicio Últimas Noticias Caballero reafirma a vontade de Vigo de contar coa Biblioteca do Estado...

Caballero reafirma a vontade de Vigo de contar coa Biblioteca do Estado e unha nova en Teis no “Día das Bibliotecas”

Abel Caballero reafirmou este martes, coincidindo coa celebración do “Día das Bibliotecas”, a “vocación” tanto de contar coa Biblioteca Central, xa asignada polo Goberno, así como coa de Teis.

A biblioteca municipal Xosé Neira Vilas, situada no número 21 da rúa Emilio Martínez Garrido, abre ás 19,30 horas deste martes, coincidindo co “Día dás Bibliotecas”, as actividades literarias programada ata o día 24 de novembro. “Tecendo comunidades”, de Vladimir Kosarevsky, é o título do encontro co que arrinca a programación cultural.

O alcalde apuntou que durante o próximo mes a biblioteca será escenario dun total de sete actos culturais. O venres 27 está programado “Contos Dakí: Caxoto, Contos con mar de fondo”. Trátase dun contacontos de adultos. Empeza ás 19,30 da tarde.

Leer más:   Vías e Obras Alcaldía O gobierno licita a redacción do proxecto de prolongación do túnel de Elduayen Abel Caballero anunciou este venres que a primeira xunta local de goberno ordinaria de decembro acordou licitar a redacción do proxecto das obras da prolongación do túnel de Elduayen ata a rúa Torrecedeira.

O xoves 2 de novembro, en Encontro con escritores, Marcelo Simonetti falará de “escribir para nenos e nenas de 9 a 99 anos”. Os días 3 e 9 de novembro reunirase o club de lectura. O venres 10 está programada a hora dos contos con “A compañía espectacular: Vos Nunkis”. Para o 24 de novembro, en “Contos Dakí”, Bea Campos relatará “Marcho que teño que marchar”, destinado a adultos.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo continúa coa montaxe dos elementos decorativos e luminosos do Nadal
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 25 de octubre de 2023