Inicio Últimas Noticias O Goberno concede 124 novas axudas de emerxencia

O Goberno concede 124 novas axudas de emerxencia

Abel Caballero anunciou este mércores que a Comisión de Axudas de Emerxencia desta semana, concedeu apoio a outros 124 demandantes de asistencia

Abel Caballero incidiu este mércores en que as 124 novas axudas de emerxencia resoltas favorablemente pola concellería de Política Social contan cun importe de 34.592 euros.

Desde principios de ano, o Concello deu o seu apoio a un total de 3.842 vigueses, co que ata o de agora destinou a esta partida social 985.108 euros. O alcalde apuntou que o maior volume de asistencias tanto polo número de solicitudes, como por importe concedido, céntranse nos temas de alimentación e do pago de alugueiros.

O rexedor lembrou que as axudas de emerxencia do Concello son compatibles con Ingreso Mínimo Vital, mentres que a Renda de Integración Social (RISGA), da administración autonómica “é incompatible co ingreso mínimo”.

Leer más:   Vigo recibe o premio á Sustentabilidade Ambiental na Sociedade


- Te recomendamos -
Artículo anteriorFestas especiais nos barrios de Vigo para o Samaín e o San Martiño
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 26 de octubre de 2023