Inicio Últimas Noticias A historia de José Gil, o precursor do cinema en galego, desembarca...

A historia de José Gil, o precursor do cinema en galego, desembarca en Vigo

O alcalde acudiu á presentación das actividades que terán lugar este venres 27 y sábado 28 na cidade de Vigo. Vigo é o lugar central de todo o percorrido, a exitosa xira na provincia de Pontevedra arredor do precursor do cinema galego, un José Gil que desenvolveu na cidade olívica practicamente toda a súa carreira profesional como fotógrafo e cineasta.

O alcalde celebrou que Vigo sexa o escenario para a recuperación da memoria do pioneiro cineasta galego, José Gil. Caballero puxo de manifesto a importancia do cinema para a sociedade: “Nós somos unha réplica do que as pantallas amosan. Parte do noso comportamente vén do cinema. O cinema cambiou a cultura universal”. Co proxecto “José Gil. Pontevedra, provincia de cine, na orixe do cinema”, que desembarca o venres 27 e sábado 28 de marzo na cidade olívica, quérese reparar o esquecemento sobre a súa vida e a súa obra, dalo a coñecer á veciñanza e á comunidade educativa da cidade que o viu medrar como cineasta, e poñer en valor o legado deste grande precursor cuxa obra atopa equivalencias na doutros pioneiros do cinema nos territorios periféricos da cinematografía mundial a comezos do século XX. Esta iniciativa é un proxecto de Vía Láctea Films, en colaboración con Cine na Rúa e a Editorial Galaxia, e financiado polo anterior goberno da Deputación de Pontevedra. Vigo é a parada número 24 da xira que comezou no mes de febreiro. 

Leer más:   Alcaldía Caballero urxe cambios no traspaso de competencias e financiación das comunidades aos concellos Abel Caballero apelou este martes á necesidade de acometer a segunda quenda da descentralización de competencias do Estado para corrixir a “anomalía democrática” que representa para os concellos ocupar un maior espazo social, ofrecer máis servizos e apoios á cidadanía, mentres se ven progresivamente “máis constrinxidos” polas comunidades autónomas. A reclamación de “articular mecanismos que modifiquen” a situación actual pola que as comunidades autónomas aproban leis “abusivas” contra os concellos cedéndolles competencias sen os correspondentes recursos económicos, “incumprindo a Constitución”, foi exposta polo alcalde de Vigo durante a celebración no MARCO do acto central de Galicia en conmemoración do Día da Constitución.

Así, o venres o MARCO acollerá proxeccións para centros de ensino e visitas ao cinemóbil. Pola tarde, de 19 a 20:30 horas, haberá proxeccións de balde para o público xeral.  O sábado 28 de outubro no Centro Veciñal e Cultural de Valadares, entre as 19 e 20 horas, haberá visitas guiadas ao cinemóbil. Amais, Manolo González presentará o libro “Nos días encantados de agosto”, biografía de José Gil logo de 30 anos de pesquisas na vida e a obra do iniciador da arte audiovisual en Galicia, foi galardoado co prestixoso Premio Antón Losada Diéguez de Investigación e Ensaio 2023. De 20 a 21:30 horas haberá unha homenaxe da Unión Musical de Valadares a José Gil.

Leer más:   O Concello compromete o seu apoio na defensa dos dereitos das persoas con VIH

José Gil naceu en Rubiós (As Neves) en 1870, mais foi en Vigo onde medrou a súa paixón pola fotografía e o cine, converténdose a gran cidade do sur de Galicia no epicentro das súas operacións profesionais e familiares dende 1904 ata 1923, e posteriormente dende 1927 a 1937.

Na Galicia daquel tempo, José Gil foi o primeiro e o máis persistente traballador e artista a prol dunha arte, a do nacente cinema, non comprendida totalmente. Director, operador de cámara, fotógrafo, produtor, exhibidor de cine… E isto a pesar da súa vida tráxica, tamén de película, marcada polas enormes dificultades e desgrazas que tivo que atravesar, e tirando a pesar diso sempre cara adiante.

En Vigo estiveron as sedes das empresas fotográficas, cinematográficas e automobilísticas que Gil desenvolveu ao longo do tempo. “Fotografía y cinematografía Gil” (1910-1918); “Galicia Film” (1919-1920) e “Galicia Cinegráfica” (1921-1935), ademais da representación da empresa automobilística Ford (1914- 1920) e a “SinAir Company” (1921-1922). As devanditas marcas cinematográficas están consideradas como as primeiras produtoras da historia do cine galego.

Leer más:   O alcalde recibe ao Club Balonmán Seis do Nadal con motivo do XV Memorial Víctor Lis


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo acolle a 12 inmigrantes tras unha “acertada” decisión do Goberno central
Artículo siguienteAlcaldía Festas e Animación Sociocultural Abel Caballero: “Vigo repite dobre Cabalgata de Reis. A estática establecerase na Avenida de Castelao” Como xa sucedeu nas últimas dúas edicións, o Concello de Vigo volverá realizar “dúas Cabalgatas de Reis”, informou esta mañá o rexedor olívico. A Xunta de Goberno Local do luns 23 de outubro aprobou a contratación da prestación do servizo de produción técnica e servizos auxiliares de soporte dos actos dos Reis Magos no Nadal 2024.