Inicio Últimas Noticias O Concello abre o prazo para reservar as visitas guiadas ao cemiterio...

O Concello abre o prazo para reservar as visitas guiadas ao cemiterio de Pereiró

As visitas comezan o próximo luns, 30 de outubro, e prolongaranse durante 21 xornadas con tres quendas por día ata unha oferta total de 1.950 prazas. As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do teléfono 010 desde este venres 27 de outubro.

O goberno municipal organiza este ano 21 xornadas de visitas guiadas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró. Son percorridos de 90 minutos que permiten coñecer a historia da cidade a través dos panteóns e monumentos funerarios do cemiterio, da man de personaxes como Concepción Arenal, Irene Ceballos, a Marquesa de Valladares (María Milagros Elduayen) e Cachamuíña. O alcalde explicou que as personaxes “irán contando o que significan os monumentos e, a través do cemiterio, iremos coñecendo unha parte importante da historia da cidade”.

Leer más:   O Concello investirá 394.000 euros na remodelación do Parque Camilo José Cela

Tal e como sinalou, este ano as visitas guiadas, gratuítas, ofrecen case 2.000 prazas, 450 máis que o ano pasado, ao longo de vinte e unha xornadas con tres quendas cada día: ás 18:30 horas, ás 19:00h e ás 19:30 horas, con 25 persoas por quenda.

As persoas interesadas en participar na experiencia, deben realizar as inscricións a través do Servizo de Atención Cidadá, no teléfono 010. O prazo de reserva de praza gratuíta comeza mañá venres, 27 de outubro, ás 9:30 horas. As prazas cubriranse por orde de día e quenda, ata completar aforo. Cómpre ter en conta que non estarán dispoñibles todas as vacantes á vez senón que se abren cotas semanais. As inscricións realizaranse todos os xoves (2, 9, e 16 de novembro), para rexistrarse nas visitas da semana seguinte. Poden inscribirse tres persoas como máximo.

Leer más:   Vías e Obras Alcaldía O gobierno licita a redacción do proxecto de prolongación do túnel de Elduayen Abel Caballero anunciou este venres que a primeira xunta local de goberno ordinaria de decembro acordou licitar a redacción do proxecto das obras da prolongación do túnel de Elduayen ata a rúa Torrecedeira.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero: “Vigo repite dobre Cabalgata de Reis. A estática establecerase na Avenida de Castelao”
Artículo siguienteO alcalde reclama ao Imserso unha mellora na repartición das prazas das viaxes