Inicio Últimas Noticias O orzamento de Urbanismo para 2024 alcanza os 11,4 millóns de euros

O orzamento de Urbanismo para 2024 alcanza os 11,4 millóns de euros

Abel Caballero anunciou este martes que o consello da Xerencia de Urbanismo celebrará o vindeiro venres día 3 de novembro un Pleno extraordinario para aprobar inicialmente os orzamentos de 2024. Avanzou que superarán os 11,4 millóns de euros.

O alcalde destacou que o orzamento de 2024 crecerá nun 28,4 por cento con respecto ao de 2023. “Son uns 9 millóns de euros máis que o ano pasado e este aumento débese, fundamentalmente, á recepción dos fondos europeos provenientes do Goberno de España”, sinalou. O rexedor incidiu nos 9 millóns que recibe Vigo da administración central “para o urbanismo” da cidade. “Trátase dunha actuación memorable desde Urbanismo de Vigo apoiada nos fondos europeos provenientes do goberno de Pedro Sánchez en Madrid”, remarcou.

Leer más:   Caballero: “O centro municipal da Praza da Princesa será un polo de atracción social”

Entre os capítulos do novo orzamento, Caballero sinalou os dous millóns de euros a investir en rexeneración urbana e rehabilitación de edificios, así como a tramitación de proxectos e a expropiación para A Panificadora. A esto súmase a construción de vivendas de alugueiro, “a prezo razoable”, no Parque Central destinada á mocidade. Indicou que tamén se avanzará na revisión dos plans do ensanche e na rehabilitación das prazas da Igrexa e do Berbés.

Caballero destacou que os orzamentos contan con 4 millóns para axudas a particulares para fondos de convenio do plan de vivenda e contornas residenciais de rehabilitación.


- Te recomendamos -
Artículo anterior600.000 árboles serán plantados por CO2 Revolution en su ambiciosa campaña de reforestación
Artículo siguienteMedio Ambiente Os cemiterios de Pereiró e Lavadores amosan a historia de Vigo e de mulleres que deixaron pegada na cidade O alcalde avanzou este martes o contido das exposicións que poderán verse estes días nos camposantos municipais, que abren as súas portas con horario ininterrompido de 9 a 18:30 horas da tarde.