Inicio Últimas Noticias Vigo investirá 217.000 euros en medidas para minimizar as perdas na...

Vigo investirá 217.000 euros en medidas para minimizar as perdas na rede de saneamento de auga

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobou este venres a redacción do “Proxecto de implantación de actuacións para minimizar as perdas na rede de abastecemento de auga”. Contempla unha serie de accións valoradas en 217.800 euros.

Abel Caballero, tras lembrar que a rede de abastecemento de auga conta na actualidade con 1.028 quilómetros de lonxitude, explicou que o Concello desenvolve actuacións dirixidas a reducir as perdas de auga e conseguir o mellor aproveitamento dos recursos hídricos dispoñibles.  A Xunta de Goberno aprobou a redacción dun proxecto, con actuacións concretas, destinado a minimizar escapes na rede de abastecemento. Trátase doutro paso na estratexia de conseguir o maior aproveitamento da auga tras a aprobación o pasado mes de xuño do “Plan de actuacións para minimizar as perdas na rede de abastecemento”.

Leer más:   O alcalde anuncia a cobranza "inmediata" das bolsas de comedor

O alcalde explicou que o documento contempla a instalación de caudalímetros en infraestruturas da rede, como a estación de bombeo ou os depósitos. A isto súmase a xestión activa de presións na rede mediante a instalación de controladores de presión e válvulas redutoras de presión.

Os plans do Concello tamén inclúen a instalación de equipamento para a monitorización de presións na rede de distribución e melloras na sectorización da rede de abastecemento, co fin de obter un mellor control dos volumes que circulan pola rede e anticipar a detección de fugas.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorUn estudo sobre mobilidade permitirá adecuar o transporte urbano ás necesidades de 2025
Artículo siguienteAlcaldía Igualdade O Concello dedica un extenso programa á conmemoración do Día da eliminación da violencia contra a muller Abel Caballero presentou este venres, coa primeira tenente de alcaldía, Carmela Silva, a concelleira de Igualdade, Ana Laura Iglesias, e coa presidenta do Consello Municipal da Muller e da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos, Charo Otero, o programa organizado polo Concello desde o 8 de novembro ata o 2 de decembro con motivo do “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres”.