Inicio Últimas Noticias O Concello reinicia este luns as visitas guiadas a Pereiró

O Concello reinicia este luns as visitas guiadas a Pereiró

As visitas guiadas ao cemiterio de Pereiró retómanse a partir das 18,30 horas da tarde deste luns, despois da suspensión da actividade a pasada semana como consecuencia dos temporais.

O alcalde anunciou este luns o reinicio do calendario de visitas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró, aínda que condicionadas á meteoroloxía.

Abel Caballero explicou que as 225 persoas que non puideron realizar a visita programada para os pasados venres, sábado e domingo, serán informadas mañá das novas datas para realizar o percorrido.

O Concello mantén os tres horarios programados: 18,30, 19,00 e 19,30. Durante noventa minutos, os grupos de 25 persoas cada un, participarán na visita teatralizada a un dos camposantos de referencia de Vigo. As visitas permiten coñecer a historia da cidade a través dos panteóns e monumentos funerarios guiados por personaxes como Concepción Arenal, Irene Ceballos, a Marquesa de Valladares e Cachamuíña.

Leer más:   O concerto de "Las Antonias" pecha os actos con motivo do 25N

Este ano a oferta de prazas viuse incrementada en 450 chegando ata os 2.000 visitantes.

As inscricións realizaranse os xoves 9 e 16 de novembro, para rexistrarse nas visitas da semana seguinte. Poden inscribirse tres persoas como máximo. As prazas cubriranse por orde de día e quenda, ata completar aforo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorHallazgo de restos humanos en Playa América, Nigrán
Artículo siguiente150 alumnos do programa municipal de formación de adultos reciben o seu diploma