Inicio Últimas Noticias Caballero: "O Petisquiño contribúe a converter a Vigo en referencia turística"

Caballero: "O Petisquiño contribúe a converter a Vigo en referencia turística"

Abel Caballero participou este martes, xunto cos responsables da Federación de Empresarios de Turismo e Hostalería de Pontevedra, a novena edición do concurso de tapas “Petisquiño” que se celebrará en 37 locais de Vigo entre os días 10 e 26 de novembro. O Concello patrocina unha competición que afianza á cidade como referente turístico de Galicia, segundo o rexedor. “Isto é máis que un concurso, é unha mostra da nosa capacidade de xerar restauración e atracción”, afirmou.

O concurso de tapas Petisquiño, que comezará o vindeiro venres día 10 e prolongarase ata o día 26 en 37 locais de restauración, tanto do Casco Vello como do resto da cidade, suma“calidade” á oferta turística de Vigo dentro do proceso da súa transformación “nunha das grandes cidades turísticas”, segundo afirmou este martes o alcalde.

Leer más:   O Concello conta no Casco Vello cun centro pioneiro de Formación y Emprego cofinanciado con fondos FEDER

Durante a presentación, Caballero destacou a “importancia” que lle asigna ao concurso de tapas e ao traballo da hostalería na promoción da cidade onde os visitantes convértense en “prescritores” ante a calidade da oferta gastronómica. “Desenvolvémonos nunha altísima calidade nos produtos, nas tapas, nas formas de facelas, así como nos locais que participan”, indicou o rexedor ao chamar aos hostaleiros a “seguir nesta liña”, porque “estamos a converter a todo este mundo da hostalería e do turismo nunha das industrias de Vigo, porque somos a cidade turística máis importante de Galicia, situándonos, segundo indican os datos, por encima de Santiago e A Coruña xuntas”.

O alcalde incidiu en que o Petisquiño “é unha gran acción” en Vigo polo “valor engadido e a vida que xera na hostalería”, comprometéndose a seguir colaborando en sucesivas edicións porque se encadra “na marcha da cidade á gran calidade nunha multimillonaria oferta turística”.

Leer más:   Vigo pon en marcha dun proxecto piloto de intermediación para alugar vivendas sociais

O presidente da Federación provincial de hostalería, César Ballesteros, lembrou que un ano máis se poderán votar as tapas a través da aplicación de Hostelería de Pontevedra, onde haberá unha ficha de cada unha incluíndo os seus valores nutricionais e alérxenos. Tamén aproveitou a presentación para agradecer o compromiso do Concello coa cita gastronómica, así como o do resto dos colaboradores.

O gañador decidirase nunha gala programada o mércores 29 de novembro coa competición entre os dez profesionais finalistas. A proclamación do gañador contará, por segundo ano consecutivo, coa valoración dun xurado profesional cuxo criterio se sumará ao público xeral que emitise o seu voto na APP da Federación de Hostalería. Celia Cabrera, representante da Federación de Empresarios de Turismo e Hostalería de Pontevedra e responsable do certame, ademais de agradecer o apoio do Concello, indicou que os 37 locais rexistrados representan “unha boa cifra de participación”, aínda que aspiran a contar na décima edición, en 2024, con 60 rexistrados.

Leer más:   Vigo enche hoteis e rúas na primeira fin de semana de Nadal

O gañador absoluto competirá no Campionato Nacional de Tapa e Petisco organizado por Hostalería de España. Ademais, representará a Vigo no campionato autonómico.
 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO investimento municipal ascende a 37,4 millóns de euros no Orzamento de 2024
Artículo siguienteAlcaldía O goberno local aproba os Orzamentos de 2024 cun importe de 317 millóns de euros O alcalde deu conta da aprobación en Xunta de Goberno do Proxecto de Orzamentos 2024 que ten un importe de 316.636.310 euros, o máis alto da historia: “Temos mellores e máis inversións que nunca, débeda cero, unha presión fiscal baixa e bonificacións nas taxas. Teremos o 17 orzamento consecutivo aprobado en tempo e forma”, anunciou. Nas contas figura unha partida de 7.700.000 euros para a nova Avenida de Madrid.