Inicio Últimas Noticias O goberno local aproba os Orzamentos de 2024 cun importe de 317...

O goberno local aproba os Orzamentos de 2024 cun importe de 317 millóns de euros

O alcalde deu conta da aprobación en Xunta de Goberno do Proxecto de Orzamentos 2024 que ten un importe de 316.636.310 euros, o máis alto da historia: “Temos mellores e máis inversións que nunca, débeda cero, unha presión fiscal baixa e bonificacións nas taxas. Teremos o 17 orzamento consecutivo aprobado en tempo e forma”, anunciou. Nas contas figura unha partida de 7.700.000 euros para a nova Avenida de Madrid.

Vigo terá un orzamento récord para o ano 2024. O alcalde anunciou que o goberno local vén de aprobar o documento cun importe de 316.636.310 millóns de euros, 24,5 millóns máis que no 2023 – unha suba do 8,41% -. “O orzamento máis importante que houbo nunca”, expresou o alcalde, que resumiu as contas de 2024 “como as que máis invisten, con débeda cero, cunha presión fiscal baixa e bonificacións nas taxas”. O rexedor valorou o incremento do investimento que permitirá “seguir transformando Vigo” e que contempla “máis gasto en política de benestar para que a xente viva mellor, máis deducións de impostos e un aumento moi importante no deporte, en medio ambiente… que significan calidade de vida”.

Leer más:   Vigo bate todos os seus récords de visitas turísticas, cun incremento do 13,5 % en outubro

Abel Caballero explicou que 11,3 millóns do orzamento total proveñen de fondos europeos adxudicados polo do Goberno de España. “Comezamos coa Avenida de Madrid”, anunciou o rexedor, que ten orzamentados 7,7 millóns de euros para 2024. Amais, nestes fondos procedentes de Europa figuran tamén 2,7 millóns para o túnel de Lepanto e os convenios asinados co anterior goberno da Deputación de Pontevedra para humanizacións e pavimentacións, proxectos do Vigo Vertical e as vivendas de alugueiro social en Esturáns. O goberno local tamén está a desenvolver proxectos cos fondos europeos Next Generation EU, asignados polo Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia por valor de 15 millóns de euros. Cara ao 2024, o Concello está pendente da resolución de 13.500.000 máis e os novos proxectos que se presenten ás futuras convocatorias.

O Concello proxecta rebaixas nos impostos e bonificacións fiscais por valor de 50 millóns de euros, das que se benefician por exemplo familias numerosas no IBI, os centros educativos no pago do IBI, e as empresas que facturan menos de un millón de euros no IAE. Deste xeito, o goberno local bonifica 8.781.100 euros nas taxas locais e 6.463.000 na taxa do lixo. Amais, o goberno local subvenciona 9.791.000 das instalacións deportivas, 2.374.000 nas Escolas Infantís Municipais, máis de 3.000.000 euros da taxa de terrazas na hostalería, 16.550.000 euros do transporte público, 1.000.000 da EMAO e 602.000 doutras Escolas Artísticas Municipais.

Leer más:   O novo parque de Navia contará con 158 árbores de gran porte

“Temos a presión fiscal máis baixa das cidades de Galicia”, declarou o rexedor, que cifrou a de Vigo en 532 euros por habitante fronte aos 568 de A Coruña, 698 de Ourense, 612 de Santiago, 546 de Lugo, 572 de Pontevedra e 801 euros de Sanxenxo. A presión fiscal media das cidades cunha poboación similar a Vigo é de 766,58 euros por habitante, 234,58 euros máis que na cidade de Vigo. A media do Estado é de 695,55 euros, 163,55 euros por habitante máis que en Vigo. “Os nosos impostos son baixos comparados cos de os demais municipios”, afirmou. O alcalde tamén puxo en valor a débeda cero que ten a cidade “o que permite destinar todos os recursos de forma directa e mellorar as condicións de vida da cidadanía sen pagar altos intereses aos bancos nestes tempos”.

Leer más:   O Museo Quiñones de León acolle unha mostra con fotografías de Alice Austen

Por partidas, o Orzamento 2024 adica 66.700.000 euros a Benestar Comunitario, que inclúe as áreas de Benestar Social, Educación, Deporte e Igualdade. Todas elas medran unha media do 18%. O Concello adicará 44.000.000 euros á Área de Seguridade, fundamentalmente para o servizo de Policía Local e Bombeiros. Sube o orzamento en Limpeza un 6,2%, ata acadar os 47.500.000 euros. Vías e Obras e a partida que máis sube con respecto ao 2023, un 38,19% e achégase aos 33.300.000 euros. Cultura recibe 17.000.000 euros, un 4,5% máis. Son 17.200.000 euros para Transporte, un 28% máis. Para o Medioambiente o goberno local adicará 17.400.000 euros. Urbanismo resérvase unha partida de 11.532.390 millóns de euros. Baixa o orzamento para o alumeado público, fundamentalmente pola nova iluminación LED na cidade, que xa están presente case no 40% do viarios. Para Comercio e Turismo o goberno local reserva 7.400.000 euros, un 32% máis. Emprego mantén a partida de 2023 e Sanidade sube máis dun 3%.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorDiseñan planificación estratégica para contingencias de salud con reservas de drogas
Artículo siguienteVigo ultima a montaxe de 10.000 elementos luminosos e decorativos do Nadal