Inicio Últimas Noticias Vigo será sede da terceira edición do Festival de Arquitectura Urbana TAC!...

Vigo será sede da terceira edición do Festival de Arquitectura Urbana TAC! 2024

Caballero sinalou que “converteuse nun referente da práctica da arquitectura efémera nova” e mostrouse “extraordinariamente satisfeito” pola elección. Impulsado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, une arquitectura contemporánea e reflexión sobre o urbano e o social, a través da construción dun pavillón temporal na cidade sede.

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana seleccionou a Vigo e a San Fernando. A III edición do Festival TAC reivindicará actuar ante a chamada definitiva do planeta e a sociedade, a oportunidade que supón para as cidades facer as cousas de maneira diferente para facer da cultura un elemento que achegue masa crítica no espazo público

Como destacou o rexedor, “dende o Concello presentamos a candidatura da cidade como sede, co apoio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, destacando o espírito transversal entre prácticas e políticas locais”, o que permite profundar nas transformacións urbanas levadas a cabo por esta cidade singular forxada a partir dun tecido industrial.

Leer más:   O Concello lanza a campaña: "Xoga a ser quen ti queiras. Escolle o teu xoguete non sexista e non violento"

O Mitma valorou de Vigo a importante transformación no ámbito do desenvolvemento arquitectónico, urbano e a recuperación do espazo público para construír unha cidade para as persoas. Destaca o proxecto “Vigo Vertical” que facilita a mobilidade e a estética dunha cidade moderna que aposta pola sustentabilidade, a innovación, a tecnoloxía e por xerar calidade de vida para a cidadanía.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAs ramplas mecánicas de Escultor Gregorio Fernández salvarán un desnivel de 15 metros de altura
Artículo siguienteAbel Caballero louva a creatividade dos proxectos de VÍATEXTIL