Inicio Últimas Noticias O goberno local invita aos escolares a participar nunha campaña de fomento...

O goberno local invita aos escolares a participar nunha campaña de fomento do voluntariado

Abel Caballero anunciou este martes que o Concello proxecta “potenciar e fomentar de forma notable” en Vigo o voluntariado. Para conseguir este obxectivo desenvolverase unha campaña informativa que colocará o eixo nos centros educativos e na mocidade viguesa.

Estender o voluntariado nunha urbe que conta con 700 rexistrados para apoiar a entidades sociais, culturais e deportivas, é o obxectivo fixado polo goberno local coa iniciativa informativa que trasladará á mocidade e aos axentes sociais a importancia deste traballo.

A campaña foi anticipada polo alcalde ao explicar que todos os centros escolares de Vigo foron convidados a participar nas xornadas informativas sobre as accións que leva a cabo a oficina municipal do voluntariado. Trátase de “implicarlos” o máximo posible, afirmou.

Leer más:   Abel Caballero celebra que as finais da Copa Vigo de fútbol afeccionado se xoguen “nunha data histórica”

A primeira visita á oficina municipal do voluntariado será protagonizada, o próximo 14 de decembro, polos estudantes do CEIP Altamar.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo dará comezo ao Nadal o venres 24 de novembro ás 20 horas
Artículo siguienteAlcaldía Vigo dará comezo ao Nadal o venres 24 de novembro ás 20 horas O alcalde anunciou que Vigo acenderá os 11,5 millóns de luces led nun acto na Porta do Sol o venres 24 de setembro ás 20 horas. O goberno local alumeará 450 rúas con máis de 6.000 estruturas, 4.000 arcos e motivos, 3.000 árbores e 56 elementos de gran tamaño. Abel Caballero dará comezo ao “Nadal en todo o mundo” cando o cronómetro situado no farol de Urzáiz chegue a 0, cun espectáculo de luz e son na árbore, que este ano mide 44 metros. O Nadal esténdese por toda a cidade con elementos 3D decorativos en Teixugueiras, Gregorio Espino, Bouzas, Praza Independencia e Progreso.