Inicio Últimas Noticias O Goberno local tramitará coa máxima celeridade as becas de libros

O Goberno local tramitará coa máxima celeridade as becas de libros

O alcalde de Vigo adiantou este mércores o avance no proceso de concesión das bolsas de libros do Concello coa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra das bases reguladoras para acceder ás axudas. Asegurou que o goberno local tratará de “ir coa máxima présa” na concesión de 205 euros a cada estudante.

Abel Caballero lembrou que o volume total das subvencións para conceder a cada estudante de Educación Primaria, Secundaria, Formación Profesional Básica e Educación Especial, tanto de centros públicos como concertados, aproxímase aos 6 millóns de euros.

O rexedor incidiu en que Vigo é o único municipio español que concede apoio ás familias para adquirir os libros de texto do curso escolar. “Somos o único municipio dos 8.131 de España que dá axudas de libros aos pais dos escolares da educación obrigatoria. Ningunha comunidade autónoma as dá”, salientou.

Leer más:   O Concello edita un catálogo coa colección de Colmeiro

O alcalde explicou que o seguinte paso do proceso é a publicación, mañá ou pasado, do extracto que debe saír na Base de Datos Nacional de Subvencións. Sinalou que o prazo de dous meses para a concesión empeza a contar desde a publicación nesta base estatal e que, en todo caso, o Concello comunicará a data de apertura”.

As familias que soliciten as axudas contarán cunha asignación de 205 euros por alumno, segundo lembrou Abel Caballero ao sinalar que a medida beneficiará a 28.500 estudantes. Apuntou que recibirán este apoio todos os escolares censados en Vigo estuden ou non en centros da cidade.

Caballero lembrou que as familias que xa contan con esta axuda só deben asinar a declaración responsable de cumprimento de todas as bases.

Leer más:   Infraestructuras Alcaldía Vigo Vertical 25.000 personas utilizaron o Halo na primeira fin de semana de funcionamento A entrada en funcionamento do Halo, a pasada fin de semana, atraeu o interese das 25.000 persoas que pasearon polo novo elemento do Vigo Vertical que comunica a rúa de García Barbón con Vía Norte; a zona máis próxima ao mar coa parte alta da cidade. “O nivel arquitectónico é único, dunha beleza excepcional”, afirmou Abel Caballero ao destacar que o Halo “vertebra” á cidade e favorece a mobilidade.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorSentencia firme: prisión, multas y reparaciones por piratear partidos de LaLiga
Artículo siguienteCaballero chama a participar na carreira solidaria "Érguete e corre"