Inicio Últimas Noticias Caballero tende a man ao sector naval para orientar a formación á...

Caballero tende a man ao sector naval para orientar a formación á demanda das empresas

O alcalde pechou o encontro empresarial sobre o talento no sector onde puxo de manifesto “que para Vigo é vital que Navalia continúe a súa acción”. Abel Caballero tendeu a man ao naval para orientar a formación á demanda das empresas “co obxectivo de seguir sendo competitivos”. Pediu ante os empresarios trazar a demanda e a necesidade e anunciou que solicitará a cooperación do Ministerio de Educación neste ámbito. “É necesaria una adecuación da formación e a mobilización, para informar do sector naval noutros territorios, como no interior do país, onde non hai unha cultura do mar pero seguramente moitas persoas estean interesadas en formarse e traballar neste eido”, declarou. Para o rexedor, Vigo non se entende sen o naval e aposta por priorizar o sector para que “igual que cando as persoas escoitan a palabra Nadal pensan en Vigo, cando alguén diga Naval tamén ten que pensar en Vigo, e podemos conseguilo”, concluíu.

Leer más:   O alcalde convida á cidade a gozar da Feira de abril de Vigo no Berbés

xoves, 23 nov 2023


Descargar todas as imaxes


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo acolle o acto central do Día da Constitución
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 24 de noviembre de 2023