Inicio Últimas Noticias María Xosé Queizán, Premio Laxeiro 2024

María Xosé Queizán, Premio Laxeiro 2024

A escritora viguesa foi designada “por aclamación” polo Padroado da Fundación Laxeiro que recoñece a súa traxectoria e a súa dedicación para potenciar a cultura galega.

O alcalde informou este xoves da concesión do galardón a unha “muller extraordinaria e irrepetible da cidade de Vigo” cuxa traxectoria a fai “sobradamente merecedora de recibir este galardón”.

O Padroado da Fundación vén de adoptar a decisión “por aclamación” recoñecendo a súa dedicación para potenciar a cultura galega, a través da escrita e unha evidente independencia e liberdade creativa e de pensamento.

De María Xosé Queizán valora tamén o Padroado o seu compromiso con diversas iniciativas teatrais, editoriais e de reivindicación feminista desde épocas ben temperás. Fundou en 1959 a compañía “Teatro de arte e ensaio da Asociación da prensa de Vigo, foi a fundadora da revista “Festa da Palabra Silenciada” cuxo consello de redacción estaba integrado só por mulleres e tivo un “papel importante” como vicepresidenta do Consello Municipal da Muller de Vigo.

Leer más:   Los 5 trucos que harán que evites los niveles máximos de alergia en Vigo


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno aproba inicialmente os presupostos de 2024: "Transformadores, redistributivos, con carácter social, e incentivadores da economía de Vigo"
Artículo siguientePleno da Corporación O goberno aproba inicialmente os presupostos de 2024: "Transformadores, redistributivos, con carácter social, e incentivadores da economía de Vigo" A Corporación Municipal de Vigo aprobou este xoves os orzamentos municipais para 2024 co voto a favor do grupo municipal socialista e o rexeitamento dos edís do PP e do BNG. As contas para o próximo exercicio, aprobadas hoxe inicialmente, ascenden a 316,6 millóns de euros. O concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, asegura que “atenden a todas as necesidades” da cidade, ademais de afondar na “extraordinaria estabilidade” política e económica dunha urbe que conta con “débeda cero”.