Inicio Últimas Noticias O Concello urxe á Xunta unha partida en 2024 para ampliar o...

O Concello urxe á Xunta unha partida en 2024 para ampliar o túnel de Beiramar

O Concello reclama á Xunta que os orzamentos de 2024 inclúan unha partida para executar as comprometidas obras de ampliación do túnel de Beiramar ata a rúa Coruña. Así foi acordado este luns no Pleno da Corporación Municipal cos votos dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e do BNG e coa abstención do PP.

O Concello de Vigo rexeitou no Pleno deste luns os argumentos ao redor daS dificultades técnicas esgrimidos pola Xunta para desistir no proxecto de ampliación do túnel de Beiramar ata a rúa Coruña, e instou á administración galega a consignar unha partida no orzamento de 2024 para executar as obras que acumulan un atraso de máis dunha década. A reclamación presentada polo grupo municipal socialista contou co apoio dos tres edís do BNG.

Leer más:   O Concello preserva e difunde o patrimonio histórico e cultural a través do convenio coa Diocese de Tui-Vigo

A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, incidiu en que mentres en cidades como A Coruña consígnanse 20 millóns de euros para melloras na fachada marítima; e dedícanse en Ferrol 2,8 millóns para mellorar a reordenación do tráfico na contorna marítima, e máis de 5 millóns da fachada marítima, “existan 0 euros para facer o túnel de Beiramar”.

María Xosé Caride preguntou no Pleno polo destino do proxecto no que a Xunta investiu un millón de euros, “e que leva 13 anos gardado nun caixón”. Lembrou que a administración galega comprometeu 37,5 millóns para executar o túnel.

O portavoz do BNG, Xavier Pérez, explicou que as emendas aos orzamentos da Xunta inclúen as obras de prologación do túnel de Beirarmar, entre as reclamacións para que execute outras infraestruturas.

Leer más:   O goberno local abre a convocatoria para proxectos artísticos expositivos nos museos de Vigo

O grupo municipal do PP centrou as súas críticas nos atrasos de proxectos no Campus do Mar e en Navia. Ante estes argumentos, a concelleira de Urbanismo afirmou que o Concello está disposto a iniciar as obras no momento en que a Xunta transfira os recursos económicos necesarios no caso da residencia na antiga ETEA, á vez que demanda o prazo de investimento para o centro educativo de Navia.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorDeclaración Institucional polo 25 de novembro "Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres"
Artículo siguienteTurismo e Comercio Vigo enche hoteis e rúas na primeira fin de semana de Nadal As luces de Nadal atraen a milleiros de cidadáns nos primeiros dous días da iluminación deste ano. Vigo rexistrou unha ocupación hoteleira do 97%.