Inicio Últimas Noticias O goberno municipal dedica 1,9 millóns de euros ao mantemento, conservación e...

O goberno municipal dedica 1,9 millóns de euros ao mantemento, conservación e vixilancia dos colexios públicos

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o prego de prescricións técnicas para a contratación do servizo de mantemento, conservación e vixilancia dos colexios públicos do Concello por un período de dous anos.

Tal e como explicou o alcalde, o obxectivo municipal é asegurar a prestación dun servizo de mantemento, conservación e vixilancia das instalacións escolares, dos edificios e dos seus recintos educativos (patios, pistas deportivas, zonas de recreo, zonas axardinadas e peches) para que estean nun adecuado estado de conservación e funcionamento.

O Concello quere optimizar a vida útil dos 49 edificios educativos incluídos no contrato, mellorando os espazos, mellorando as condicións ambientais do uso das instalacións, traballando na eficiencia enerxética e o consumo eficiente de auga e combustibles a través do control exhaustivo e continuado. O importe base de licitación do contrato ascende a 1.923.739 euros por un período de dous anos, coa posibilidade de engadir tres prórrogas dun ano cada unha.

Leer más:   Educación Alcaldía Os colexios públicos de infantil terán 355.000 euros para o programa de autoxestión do mantenimento Abel Caballero anunciou este xoves que a xunta de goberno de Vigo aprobará mañá a axuda de máis de 355.000 euros destinada a colexios públicos de infantil e de primaria para cubrir o custo das reparacións para realizar nas instalacións escolares, así como unha asignación de 1.050.000 euros para a xestión das escolas municipais infantis de Tomás Alonso e Bouzas.

Tal e como recolle o prego de prescricións técnicas, o servizo inclúe un plan de revisión dos centros e a inspección continua polas instalacións para detección de danos e avarías de mecanismos de fontanería, electricidade e calefacción, a preparación diaria dos centros para o seu funcionamento coa posta en marcha dos sistemas e instalacións xerais, o mantemento preventivo e correctivo con tarefas de albanelería, xardinería, fontanería e carpintería. O contrato inclúe un técnico responsable do servizo, que estará permanentemente localizado durante a xornada de traballo e un servizo telefónico de atención as 24 horas do día.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorDeclaración Institucional polo 25 de novembro "Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres"
Artículo siguienteTurismo e Comercio Vigo enche hoteis e rúas na primeira fin de semana de Nadal As luces de Nadal atraen a milleiros de cidadáns nos primeiros dous días da iluminación deste ano. Vigo rexistrou unha ocupación hoteleira do 97%.