Inicio Últimas Noticias Vigo pon en marcha dun proxecto piloto de intermediación para alugar vivendas...

Vigo pon en marcha dun proxecto piloto de intermediación para alugar vivendas sociais

Ante a inacción da Xunta de Galicia en materia de vivenda, Abel Caballero anunciou esta mañá a posta en marcha dun programa piloto de intermediación para o alugueiro de vivendas sociais. O Concello afronta así unha cuestión que é responsabilidade única do goberno autonómico.

Abel Caballero afeou esta mañá á Xunta que sega sen asumir as súas competencias en materia de vivenda na cidade de Vigo. Ante esta situación, explicou, o Concello decidiu poñer en marcha un proxecto piloto de intermediación para o alugueiro de vivendas sociais.

O obxectivo é facilitar o acceso á vivenda, cunha bolsa de inmobles en alugueiro asequible a persoas e familias con dificultades. Deste xeito, o Concello realiza a captación de vivendas, actuando como intermediario, cubrindo o aval, o seguro correspondente, dando solucións a posibles problemas de convivencia e realizando un seguimento das familias. O contrato foi adxudicado a Provivienda -inicialmente por tres meses – cun importe de 15.000 euros.

Leer más:   O Concello chama a participar na gala solidaria da Asociación Bicos de Papel

Caballero insistiu en que “a política de vivenda é responsabilidade da Xunta e segue sen asumila xa que nin sequera é capaz de investir os fondos que recibe do Goberno de España”. Por contra, destacou, o Concello non deixa a ninguén atrás, explicando que das 42 persoas realoxadas da rúa Fisterra, 18 xa atoparon solución habitacional grazas a administración municipal. Este proxecto piloto tratará, inicialmente de solventar o problema de vivenda  dos residentes desaloxados das rúas Fisterra e Alfonso X O Sabio, en situación de especial vulnerabilidade.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello urxe á Xunta unha partida en 2024 para ampliar o túnel de Beiramar
Artículo siguienteFallece a los 47 años en Vigo “El Hematocrítico”, el carismático tuitero y escritor gallego