Inicio Últimas Noticias O Concello ofrece un curso de iniciación á poda de árbores

O Concello ofrece un curso de iniciación á poda de árbores

Escoitar

O goberno local ofrece un curso de iniciación á poda de árbores o 2 de decembro en VigoZoo. Esta formación ten un aforo de 20 persoas e as persoas interesadas deberán inscribirse na taquilla de VigoZoo ou no número de teléfono 986 267 783. O curso ten unha duración de tres horas, onde o alumnado aprenderá cando é necesario ou non podar unha árbore ou arbusto, así como coñecer como se realizan os cortes para o correcto peche das feridas de poda e evitar a entrada de patóxenos. O curso inclúe formación práctica.

martes, 28 nov 2023


Descargar todas as imaxes

Leer más:   O MARCO expón ata agosto a mostra "Dexesando ser" do artista Daniel Verbis

- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo bate todos os seus récords de visitas turísticas, cun incremento do 13,5 % en outubro
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 29 de noviembre de 2023