Inicio Últimas Noticias Abel Caballero: “Xa podemos dicirlle a Navia que vai ter un Instituto”

Abel Caballero: “Xa podemos dicirlle a Navia que vai ter un Instituto”

O alcalde anunciou que a Xunta de Galicia remitiu ao Concello un novo convenio con prazos e partidas orzamentarias, tal e como demandaba o goberno local desde fai tres anos. “Asinaremos o convenio o antes posible”, afirmou o rexedor.

Abel Caballero deu conta da remisión dun novo convenio por parte da Xunta para a construción do IES de Navia tal e como demandaba o goberno local, “con datas concretas e partidas orzamentarias”: “Xa podemos dicirlle a Navia que vai ter Instituto”, afirmou o rexedor, que adiantou que o Concello “asinará o convenio o antes posible”.

Caballero lembrou que leva reivindicando durante tres anos “que era imprescindible o convenio con prazos e inversións” para asegurar a súa construción no solo municipal. O alcalde lamentou a perda de tempo e que o goberno autonómico dixera durante este tempo que “non era necesario cando agora envían a proposta aceptando a nosa petición e posición”. “Poremos o solo a disposición da Xunta”, concluíu.

Leer más:   O Concello celebrará a gala de Viguesas e Vigueses Distinguidos o vindeiro 26 de marzo


- Te recomendamos -
Artículo anteriorIniciativa de Cesida Promueve la Detección Temprana del VIH
Artículo siguienteCaballero denuncia que a Xunta incumpre en Vigo as súas competencias en política social de vivenda