Inicio Últimas Noticias O Concello conta no Casco Vello cun centro pioneiro de Formación y...

O Concello conta no Casco Vello cun centro pioneiro de Formación y Emprego cofinanciado con fondos FEDER

A fisonomía do Casco Vello de Vigo avanza no seu proceso de transformación coa entrada en actividade do novo Centro de Formación e Emprego construído no número 23 da Rúa Alta. A obra, cun orzamento de 776.360 euros, está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, no marco da liña de actuación 19 da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado, EDUSI VigoVertical, de accións formativas e de especialización para colectivos en risco de exclusión.

O centro municipal de Formación e Emprego do Casco Vello de Vigo, resultado da rehabilitación do un edificio dun alto valor patrimonial que se atopaba nunha situación avanzada de deterioración, é unha realidade co inicio dos cursos de formación en dixitalización e procura activa de emprego. Cun orzamento de 776.360 euros, a Unión Europea achega un total de 508.316 euros.

Leer más:   O Concello edita un catálogo coa colección de Colmeiro

A construción dun centro pioneiro en fomento do emprego e formación é resultado do cofinanciamento entre o Concelo de Vigo e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado, EDUSI, VigoVertical. O centro terá un impacto directo sobre 75.419 habitantes, coa posibilidade de que cheguen aos 309.809 empadroados en Vigo.

O Concello inviste 160.000 euros nos programas e itinerarios de formación. A oferta integra un módulo de formación sociosanitaria de 600 horas, outro programa para combater a fenda dixital, e cursos para adquirir habilidades sociais e recursos para a procura activa de emprego.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero: “Xa podemos dicirlle a Navia que vai ter un Instituto”
Artículo siguienteUrbanismo Educación Alcaldía Abel Caballero: “Xa podemos dicirlle a Navia que vai ter un Instituto” O alcalde anunciou que a Xunta de Galicia remitiu ao Concello un novo convenio con prazos e partidas orzamentarias, tal e como demandaba o goberno local desde fai tres anos. “Asinaremos o convenio o antes posible”, afirmou o rexedor.