Inicio Últimas Noticias Caballero considera unha boa decisión levar a Vigo+11 a Coia, este domingo,...

Caballero considera unha boa decisión levar a Vigo+11 a Coia, este domingo, con máis de 600 atletas

A décimo quinta edición da Vigo+11 vaise disputar este domingo ás 10:30horas con saída e chegada na Praza da Tellada, en Coia, onde se sitúa a
instalación deportiva municipal de Máis que Auga, saída e meta da carreira. Así o anunciou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que estivo acompañado na presentación da proba atlética por Fran Cortegoso, director xeral de Máis que Auga, e David Posada, delegado en Vigo da Federación Galega de
Atletismo, e tamén polo edil de Deportes, Manel Fernández.

O rexedor indicou que “levamos a carreira a Coia porque tampouco é bo momento para facer moitas cousas polo centro e imos a un gran espazo para o atletismo”. De feito, o xefe do goberno municipal lembrou que ao disputarse por Castelao e Gran Vía, “con tres carrís, prodúcense poucas retencións de
tráfico”. Posada engadiu que “son dúas grandes avenidas para que sexa unha carreira vistosa”.

Leer más:   O Concello adquire a Praza de Vialia

Coa inscrición pechada este mércores Día da Constitución, a Vigo+11 mobilizará a 650 participantes: 273 nas carreiras de menores (de 100 metrosa 1.500, ata os dezaseis anos), 94 no 5.000 e 273 atletas no 10K. “É a derradeira das competicións da Run Run Vigo que patrocinamos desde o Concello coa organización a cargo da FGA”, apuntou Caballero. A proba conta co apoio de Máis que Auga e o diario Atlántico, o que apaludiu o primeiroedil: “Encántame que a iniciativa privada estea presente nestas accións. Somos unha cidade de economía. Valóroo máis pola presenza que pola achega”,
dixo.

Caballero, que lembrou que a Vigo+11 comezou en 2007, afirmou que o evento “ten longo percorrido e funciona moi ben”, agora con David Posada á fronte da organización. E fixo unha reflexión acerca das carreiras populares: “Temos a cota cuberta”, anunciou. De feito, cada mes hai polo menos unha carreira polas rúas de Vigo, e nalgúns deles ata dúas. “Ás veces o running ocupa tanto espazo que se fixésemos tódalas carreiras que nos piden teriamos unha cada semana, o que non é factible porque se non se resente a cidade”.

Leer más:   Educación Alcaldía Os colexios públicos de infantil terán 355.000 euros para o programa de autoxestión do mantenimento Abel Caballero anunciou este xoves que a xunta de goberno de Vigo aprobará mañá a axuda de máis de 355.000 euros destinada a colexios públicos de infantil e de primaria para cubrir o custo das reparacións para realizar nas instalacións escolares, así como unha asignación de 1.050.000 euros para a xestión das escolas municipais infantis de Tomás Alonso e Bouzas.

O circuíto, dunha volta para a participación no 5K e de dúas no 10.000, toca as rúas Quintela, avenida Castelao (dirección Praza de América), Gran Vía e Illas Baleares, para regresar ata Castelao (pero polo túnel) e xirar na rotonda do barco de Alfageme e rematar por Quintela na Praza da Tellada.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero sinala a “extraordinaria” ocupación hoteleira na ponte de decembro
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 9 de diciembre de 2023