Inicio Últimas Noticias A Cabalgata de Reis arranca en Castelao e percorrerá Camelias ata a...

A Cabalgata de Reis arranca en Castelao e percorrerá Camelias ata a Praza do Bicentenario

O alcalde deu conta esta mañá do percorrido da Cabalgata de Reis que partirá da Avenida Castelao ás 18,00 h do próximo 5 de xaneiro. Baixo a temática de “Mar e fantasía”, serán nove as carrozas que desfilen ata a praza do Bicentenario.

Ás 18 horas do próximo 5 de xaneiro sairá a comitiva dos Reis Magos desde a Avenida Castelao en dirección á rotonda do Bicentenario, pasando pola rúa Camelias, Praza América e Álvaro Cunqueiro. Serán nove as carrozas que este 2024 formen a Cabalgata de Reis que tamén terá a súa versión estática entre as 11,00 e las 14,00 h na Avenida Castelao. A temática nesta edición é “Mar e fantasía”, a mesma que locerán as animacións que acompañarán a ambas comitivas.

Leer más:   A Corporación urxe á Xunta a renovar as caldeiras máis antigas dos colexios públicos e instalar unhas máis eficientes

Sobre as 20,30h, será a Recepción Real na árbore da Porta do Sol e, tal e como explicou o rexedor, as SSMM irán pola mañá a hospitais e centros asistenciais. No percorrido, á altura da Praza 8 de marzo e en Porta do Sol instalaranse sendas plataformas habilitadas para persoas con mobilidade reducida (PMR) e tamén punto de nenos perdidos.

O dispositivo de seguridade está formado por máis de 500 efectivos entre Policía Local, Bombeiros, Policía Nacional, auxiliares de seguridade, servizo de ambulancias medicalizadas e voluntarios de Protección Civil.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorSector fotovoltaico espera compromiso de triplicar potencia de renovables en la COP28
Artículo siguienteO Goberno adxudica 3 ramplas mecánicas entre Severino Cobas e Ramón Nieto por 2.305.531 euros