Inicio Últimas Noticias Vigo sumará un novo tramo de 500 metros no paseo do Lagares

Vigo sumará un novo tramo de 500 metros no paseo do Lagares

Abel Caballero avanzou que a Xerencia de Urbanismo aprobará o martes 26 de decembro o proxecto de execución da senda fluvial pola marxe dereita do río Lagares desde a estrada Moledo ata a conexión co sendeiro existente no polígono de Miraflores. O goberno local investirá 300.000 euros no novo tramo.

O paseo de Lagares segue na súa conversión nun gran corredor verde da cidade. O alcalde anunciou que a próxima semana a Xerencia de Urbanismo aprobará o proxecto de execución da senda fluvial pola marxe dereita do río Lagares desde a estrada Moledo ata a conexión co sendeiro existente no polígono de Miraflores. Trátase dun novo tramo aproximado de 500 metros no que o goberno local investirá case 297.887 euros.

Leer más:   Educación Alcaldía Os colexios públicos de infantil terán 355.000 euros para o programa de autoxestión do mantenimento Abel Caballero anunciou este xoves que a xunta de goberno de Vigo aprobará mañá a axuda de máis de 355.000 euros destinada a colexios públicos de infantil e de primaria para cubrir o custo das reparacións para realizar nas instalacións escolares, así como unha asignación de 1.050.000 euros para a xestión das escolas municipais infantis de Tomás Alonso e Bouzas.

Abel Caballero explicou que a execución do paseo do Lagares neste ámbito soluciona o acceso do Lagares no polígono de Miraflores. Segundo manifestou, o obxectivo é separar a senda do Lagares do tráfico do polígono e permitir que todos aqueles que utilicen a senda poidan facelo con seguridade. O alcalde sinalou que a Comunidade de Propietarios do polígono de Miraflores cedeu os terreos para a construción do novo corredor.

Caballero lembrou que de xeito paralelo está en execución o tramo entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid, unha obra de 3,21km e unha inversión de 1,2 millóns. “Ao concluír teremos 12km de paseo dos 17,7 que ten o Lagares”, concluíu o alcalde.

Seguridade viaria

Leer más:   O Zoo transfórmase en Vigonature para a educación e divulgación medioambiental

O Consello da Xerencia tamén dará luz verde ao inicio do procedemento para adquirir un inmoble da rúa Baixada Río número 2 en Sárdoma. Segundo explicou o rexedor, trátase dunha edificación situada na confluencia de catro rúas, nun cruzamento con pouca visibilidade e sen beirarrúas, que se vai derribar para facer un cruzamento que permitirá mellorar a seguridade viaria na zona. A veciñanza acolle con “gran entusiasmo” a medida, tal e como apuntou Caballero, porque era unha demanda da zona.

Instalación ascensores

A Xerencia aprobará a resolución de axudas á instalación de ascensores, mellora na accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais colectivos , un programa dotado con 50.000 euros. Financiaranse as obras de 8 comunidades de propietarios de Poboadores, Fernando Conde, Fragoso, López Mora, Xílgaro, Caldas de Reis, Ponte da Veiga e Gregorio Espino. “Temos que facer que o acceso ás vivendas non sexa unha tortura para as persoas con problemas de mobilidade”, sinalou o alcalde.

Leer más:   O goberno municipal humanizará a rúa República Arxentina


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero inaugura a nova cuberta do Colexio Javier Sensat
Artículo siguienteEducación Alcaldía Abel Caballero inaugura a nova cuberta do Colexio Javier Sensat O alcalde inaugurou este xoves a nova cuberta do Colexio Público Javier Sensat coa que se crean dous espazos de xogo. “Estamos enormemente satisfeitos de facer esta obra”, afirmou.