Inicio Últimas Noticias Vigo apagará as luces de Nadal ao fin de semana do 13...

Vigo apagará as luces de Nadal ao fin de semana do 13 de xaneiro

Abel Caballero anunciou este xoves que o apagado das luces de Nadal terá lugar a fin de semana do 13 e 14 de xaneiro. O Concello atende á petición dos hostaleiros de aproveitar a afluencia de visitantes para desenvolver o turismo de compras en Vigo.

O alcalde explicou que, ante a petición dos hostaleiros de prolongar durante outra semana máis o aceso do Nadal, o goberno local procederá ao apagado a fin de semana do 13 de xaneiro.

O rexedor incidiu en que os responsables do sector da hostalería argumentan “o marabillosamente ben que está a ir o Nadal, dos niveis de afluencia en hoteis que están practicamente ao cento por cento, das cafeterías, dos restaurantes e dos comercios” para solicitar a ampliación da presenza do Nadal na cidade. “Anímannos a continuar con este proxecto e a seguir realzandolo porque Vigo está nestes momentos no planeta polo Nadal”, asegurou.

Leer más:   As fontes de Aragón tínguense de granate polo Día da Audición


- Te recomendamos -
Artículo anteriorTalleres La Estrella: Tu elección de confianza para la revisión y reparación de vehículos en Pontevedra
Artículo siguienteAlcaldía Nadal O Concello suspende a Cabalgata de Reis estática pola previsión de choiva e mantén a tradicional móbil A Cabalgata deos Reis Magos estática, prevista inicialmente para mañá pola mañá, finalmente non será instalada na Avenida Castelao ante a ameaza de choiva e a posibilidade de que se deterioren as carrozas. O Concello mantén a tradicional, que arrincará ás 18,30 na Avenida Castelao e discorrerá ata a Praza do Bicentenario.