Inicio Últimas Noticias Os Coidadores de Barrio prestaron 13.437 servizos durante o ano 2023

Os Coidadores de Barrio prestaron 13.437 servizos durante o ano 2023

Abel Caballero informou este mércores do traballo desenvolvido por este programa municipal alo longo do ano pasado e apuntou o “nivel de satisfacción extraordinario” das persoas usuarias.

O Programa de Coidadores de Barrio do Concello de Vigo prestou 13.437 servizos durante o ano 2023 con arredor de 40 traballadores atendendo as demandas cidadás, especialmente as de mulleres que conforman a maioría dos beneficiarios.

Este ano o goberno municipal mellorou o programa con máis cobertura para as persoas usuarias e coa prestación de novos servizos de acompañamento: médico, banco, xestións en administracións…

O presuposto municipal para este programa acada os 610.000 euros “cun éxito extraordinario” valorou Caballero, referíndose ao “nivel de satisfacción” das persoas usuarias co servizo que reciben. Gústalles a atención, están moi satisfeitos coa detección das súas demandas e necesidades e apuntan que o programa lles permite relacionarse cos seus veciños e que ademais lles fai compañía, engadiu.

Leer más:   O Concello chama a participar na gala solidaria da Asociación Bicos de Papel


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa CE se posiciona a favor del modelo deportivo inclusivo tras el caso de la Superliga
Artículo siguienteTurismo Comercio Vigo apagará as luces de Nadal o 14 de xaneiro O alcalde anunciou que, como vén sendo habitual, haberá un acto simbólico a partir das 19:15 horas do domingo 14 de xaneiro, onde Vigo despedirá o Nadal na árbore da Porta do Sol. Caballero tamén informou que a cidade acolleu 102 eventos relacionados co turismo MICE.