Inicio Últimas Noticias Vigo presenta a súa oferta turística en FITUR o 25 de xaneiro

Vigo presenta a súa oferta turística en FITUR o 25 de xaneiro

O alcalde avanzou que a cidade estará presente na stand que Turespaña ten na Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid entre o 24 e o 28 de xaneiro.

O Concello presentará a súa proposta turística o vindeiro xoves, 25 de xaneiro na Feira Internacional de Turismo, en concreto, na caseta de Turespaña “o stand máis importante de toda a feira”, a xuízo do rexedor, quen avanzou que no acto “poñeremos de relevo que seguimos batendo récords, que temos o proceso de innovación turística máis importante de ningunha cidade de toda Europa e seguramente de todo o mundo”.

Tal e como sinalou Abel Caballero, a proposta viguesa partirá do Nadal de Vigo para trasladar a oferta do “Vigo do verán, das fins de semana ou da gastronomía,” en suma dixo, “un fenómeno sociolóxico e turístico con rango económico extraordinariamente importante. Isto é o turismo de Vigo”.

Leer más:   Os colexios públicos de infantil terán 355.000 euros para o programa de autoxestión do mantenimento

Este martes, o alcalde valorou tamén os datos do aeroporto de Vigo que pecha o ano 2023 con 1.135.157 pasaxeiros, o cuarto mellor rexistro de toda a súa historia, cun crecemento de de case un 20% respecto a 2022, incrementando 182.000 viaxeiros. “Temos que ir a hai 15 anos para atopar algo parecido”. Así, segundo os datos de actividade aeroportuaria, o voo a Madrid crece un 28% respecto a 2022 sumando máis de 721.000 viaxeiros .


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa Fundación Jiménez Díaz gana el título del mejor hospital en la Comunidad de Madrid
Artículo siguienteO Concello apoia a Orquestra Clásica de Vigo que programa ata abril concertos de Soutullo, Bach e Mozart